Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa mvillarino
O Mércores, 21 de Xuño de 2006 13:25, Xabier Villar escribiu:
> (e coñecernos persoalmente, que foi un dos motivos polo que falamos fai un
> tempo algúns dos tradutores de KDE de facer unha quedada :P)

Motivazón ppal pola minha banda.
Polo demais, que a cousa se chame trasno, gz21, ceive ou arrabaldo do norte 
dá-me mais bem igual... mentres se mantenha um mínimo de transparéncia na 
xestom, toma de decisons, critérios (incluindo manga ancha, please), etc.

Tamém podemos fazer um híbrido: primeiro reunen-se os 
coordenadores/administradores de trasno, e despois facemos unha quedada, nese 
mesmo dia ou no sábado/domingo seguinte. Onde estes nos expliquen 
aos "tradutores rasos" de que foi a cousa. Penso que isto pode servir para 
alixeirar a cousa, dado que se o António Pérez Casas non quixer fazer um par 
de horas extras co galho da reuniom, a todos os que trabalhamos ha-nos 
resultar difícil assistir, mentres se mantém o de conhecer-nos em persoa e 
estar enteirados do assunto.

> Creo que o  que mvillarino quere dar a entender é que a posibilidade de que
> a xuntanza se convirta nunha feira é remota... en certo modo,
> desgraciadamente, porque indica que somos poucos :(

... e por riba o melhor de cada casa.
Xa que estamos, que é o que se supom que se ha falar... porque na mensaxe 
inicial nom me quedou claro, será um concordato, tratará-se de deslocar a 
lista para dentro de mancomun (listas.mancomun.org), de proporcionar recursos 
dentro desse sítio para o "shutdown -r now", de delegar os permisos de aceso 
a cvs/svn que tenham os coordenadores para persoal baixo nómina, .

Em outra orden de cousas: Noraboa, Susana & co. essa distro vale um mundo.

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpv2FblRQ0dn.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa Daniel Muñiz Fontoira




Grazas Xavier!!
Se pode ser e podo ir ben, e se non podo, por min ou que non se pode
tampouco pasa nada. Simplemente quería coñecer e saber o estado da
cuestión e que perspectivas de futuro poden haber. Tamén por parte da
nova administración cales son as súas intencións.
Como dicía son moi novo nestas lides e tampouco quero entorpecer.

Saudos


Xabier Villar escribió:

  
  2006/6/21, Daniel Muñiz Fontoira :
  

Ola!
Fun eu quen preguntou se a reunión será publica e se podía asistir (en
calidade de ouvinte), mais en principio penso que non podo aportar
moito (levo pouco nisto) pero sí coñecer mais e tentar ver que é o que
podo facer.
De todos modos se non se pode porque só pode ir xente importante, pois
nada. Supoño que xa contará a xente que considera que se vai quen
queira será unha "feira" o relevante dese encontro.
Curiosamente, debo ser o mais novo da comunidade trasno. E tampouco
confirmei que puidese ir xa que que eus saiba ainda non está fixada,
ainda que si proposta.
Só quería asistir para coñecer mais.
Saudos a todos.

Daniel

  
  
Non creo que ninguén de Trasno esté en contra de que asistas, ti nin
ninguén. Xa o feito de que preguntes demostra interese, que é o que
realmente (alomenos para min), xunto coa dedicación ó traballo, pode
tomarse como indicativo da "importancia". Por suposto que hai
coordinadores, supostamente pola súa dedicación, que é importante que
estén presentes, pero cada un de nós podemos aportar algo, ou polo
menos aprender (e coñecernos persoalmente, que foi un dos motivos polo
que falamos fai un tempo algúns dos tradutores de KDE de facer unha
quedada :P)
  
  
  
  
Creo que o  que mvillarino quere dar a entender é que a posibilidade de
que a xuntanza se convirta nunha feira é remota... en certo modo,
desgraciadamente, porque indica que somos poucos :(
Espero que non te sintas excluído, eu son da opinión de que hai que
fomentar este tipo de xuntanzas, xa sexa coma neste caso con
representantes da Xunta, xa sexa entre nós para mellorar a conciencia
de grupo e dar moral :)
  
  
E por certo, mentras non se fixe a data, é prematuro falar de canta
xente poderá asistir, canto máis de falar de "feira". Se chegado o
momento, fósemos moitos (que o dubido), xa se chegaría a unha decisión
sobre quen é máis "importante" que vaia :P
  
  
Un saúdo! :)
-- 
  
Xabier Villar
  

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa Xabier Villar

2006/6/21, Daniel Muñiz Fontoira :


 Ola!
Fun eu quen preguntou se a reunión será publica e se podía asistir (en
calidade de ouvinte), mais en principio penso que non podo aportar moito
(levo pouco nisto) pero sí coñecer mais e tentar ver que é o que podo facer.
De todos modos se non se pode porque só pode ir xente importante, pois
nada. Supoño que xa contará a xente que considera que se vai quen queira
será unha "feira" o relevante dese encontro.
Curiosamente, debo ser o mais novo da comunidade trasno. E tampouco
confirmei que puidese ir xa que que eus saiba ainda non está fixada, ainda
que si proposta.
Só quería asistir para coñecer mais.
Saudos a todos.

Daniel



Non creo que ninguén de Trasno esté en contra de que asistas, ti nin
ninguén. Xa o feito de que preguntes demostra interese, que é o que
realmente (alomenos para min), xunto coa dedicación ó traballo, pode tomarse
como indicativo da "importancia". Por suposto que hai coordinadores,
supostamente pola súa dedicación, que é importante que estén presentes, pero
cada un de nós podemos aportar algo, ou polo menos aprender (e coñecernos
persoalmente, que foi un dos motivos polo que falamos fai un tempo algúns
dos tradutores de KDE de facer unha quedada :P)

Creo que o  que mvillarino quere dar a entender é que a posibilidade de que
a xuntanza se convirta nunha feira é remota... en certo modo,
desgraciadamente, porque indica que somos poucos :(
Espero que non te sintas excluído, eu son da opinión de que hai que fomentar
este tipo de xuntanzas, xa sexa coma neste caso con representantes da Xunta,
xa sexa entre nós para mellorar a conciencia de grupo e dar moral :)

E por certo, mentras non se fixe a data, é prematuro falar de canta xente
poderá asistir, canto máis de falar de "feira". Se chegado o momento,
fósemos moitos (que o dubido), xa se chegaría a unha decisión sobre quen é
máis "importante" que vaia :P

Un saúdo! :)
--

Xabier Villar
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa Xabi G. Feal
O Martes 20 Xuño 2006 18:34, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
> Algunhas cuestións:
>
> Se ben é certo que  ninguén morreu por desconfiado, ou iso din, nen sempre
> acerta quen pensa mal. Lembremos por exemplo como no affaire OpenOffice se
> levantaron suspeitas contra Roberto Brenlla e Agnix, suspeitas que non se
> confirmaron xa que non se apresentou con nengunha empresa ao concurso.

Os que pecamos de desconfiados descubrimos aos que pecan de malentendedores.
O affaire non surxiu para pór a ninguén como receptor directo da subvención, 
senón que surxiu para pórnos a nós en coñecemento de que algúns traballos ían 
ser pasados polo raseiro da política subvencionadora do Cesga. E impórtame un 
pito se ía ser unha empresa ou outra a que collera o traballo para logo facer 
subcontratación a dous filólogos axenos e quedarse co 80% da subvención para 
lucro, pois ao final demostras que as empresas deste clan (léase Eganet e 
cía, Mesa Galega pola Innovación) son moito máis lobby do que se pensa (o de 
Bruxelas a qué cres que responde?), máis, como dis, cando chega alguén do BNG 
á Consellaría de Industria. E non resulta difícil amosar por exemplo que as 
contestacións que sorprendentemente viron do exconcelleiro Carlos Neira tiñan 
para ben, ademáis de pórse na defensa destes grupos de software libre, pórse 
na defensa dos intereses empresariais destes grupos, nos que el mismo 
traballa. É dicir, cada quen ten a súa empresa, e cada unha destas empresas 
traballan e se encargan traballos mutuamente (este era o caso). E ollo, eu 
non estou a falar de ser traballador, como son os contratados para traballar 
por exemplo nas librarías Qt, eu falo de ser propietario dunha pequena 
empresa, na que ás veces nin sequera hai empregados, que recibe (e só 
traballa mediante este método) subvencións desproporcionadas para facer algo 
en aberto e fai o resto do traballo en pechado. 

Tamén se pode apuntar a que se é a Consellaría de Industria a que abre este 
novo proxecto non é só porque o BNG a teña nas súas mans, e por conseguinte o 
BNG é o único que amosa interese polo swl, para min bastante eleitoralista, 
xa que este interese fomentouno además dos lugs (loábelmente), a xente e 
empresas da rama informática (que por certo non fixeron moito polo software 
libre en Galicia, senón máis ben o contrario).

Coido que tampouco paga a pena xustificar que sen o mundo empresarial non se 
podería ter desenvolvido os sistemas abertos ata o punto nos que os temos 
hoxe en día, menos se pensas que para desenvolver é preciso ser empregado 
dunha empresa, ter un soldo e tempo libre (cunha base económica favorábel, 
polo menos de subsistencia) para programar desinteresadamente. Home, as 
cousas son evidentes, se non comes non traballas. Pero ¿que porcentaxe de 
desenvolvedores non pertencen ás compañías de software? ¿que porcentaxe 
pertence ás universidades? ¿non se pode dicir que, se cos grandes intereses 
empresariais que apostaron (e seguen apostando principalmente) polo formato 
propietario, se non teñen chegado a copar o mercado ou a existir teriamos uns 
sistemas operativos abertos, que non atenderan aos intereses económicos 
particulares?

>
> Non sei se algunha vez foi certo o dito "o bon pano vende-se na arca", mais
> hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar a
> ser un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de
> publicidade. A sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco
> daba a impresión do proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a
> impresión que daba. Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias,
> e xente detrás que se toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os
> queira escoitar, e loxicamente teñen moita mais visibilidade.
>
> Este governo da Xunta ten unha postura favorábel ao software libre (SL), en
> clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E isto,
> unha vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para
> os que estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar
> esforzos, e como facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente
> labor dos tradutores trásnicos (ou trasnenses).
>
> Por que o labor da administración galega a prol do SL fai-se na Consellaria
> de Inovación e Indústria?. Se cadra porque é parte da mesma a Dirección
> Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Se cadra porque o
> conselleiro é do BNG, e o PSOE galego non está entusiasmado co SL, a
> diferenza do PSOE noutras partes e España. Eu desexaria que todas as
> consellarias apoiaran sen reservas o SL, mas en todo caso acho que a
> Consellaria de Inovación e Indústria non é mal sítio.
>
> A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas.
> Eu non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
> están pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o
> seu apoio o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiz

Re: outra dúbida cunha tradución

2006-06-21 Conversa Daniel Muñiz Fontoira




Eu poríao como ti mesmo o dis subxanela ou
sub-xanela (non sei que será o mais correcto).

 

mvillarino escribió:

  Como traducir "childframe"? Refere-se a ese modo arcaico da gui onde a fiestra 
ppal ten unha área de traballo onde se mostran sub-xanelas.
  
  

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


outra dúbida cunha tradución

2006-06-21 Conversa mvillarino
Como traducir "childframe"? Refere-se a ese modo arcaico da gui onde a fiestra 
ppal ten unha área de traballo onde se mostran sub-xanelas.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpSREqQeUjpp.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-21 Conversa Daniel Muñiz Fontoira




Ola!
Fun eu quen preguntou se a reunión será publica e se podía asistir (en
calidade de ouvinte), mais en principio penso que non podo aportar
moito (levo pouco nisto) pero sí coñecer mais e tentar ver que é o que
podo facer.
De todos modos se non se pode porque só pode ir xente importante, pois
nada. Supoño que xa contará a xente que considera que se vai quen
queira será unha "feira" o relevante dese encontro.
Curiosamente, debo ser o mais novo da comunidade trasno. E tampouco
confirmei que puidese ir xa que que eus saiba ainda non está fixada,
ainda que si proposta.
Só quería asistir para coñecer mais.
Saudos a todos.

Daniel



mvillarino escribió:

  O Martes, 20 de Xuño de 2006 18:34, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
  
  
Outra cousa é como coordenar
esforzos, e como facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente
labor dos tradutores trásnicos (ou trasnenses).

  
  
Trasnegos, no meu caso :-)

  
  
A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas.
Eu non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
están pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o
seu apoio o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que
o SL triunfe vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que
estas empresas deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a
unha boa relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

  
  
Ningúen o dubida. Pensemos simplesmente em que todo o recente auge das 
tecnoloxias d-bus (e demais em preparaçom polo freedesktop), asi como o 
desenvolvimento por inteiro de gnome, e boa parte os desenvolventes de kde, 
nom som voluntários no mesmo sentido que "tradutor voluntário", senom 
currantes baixo nómina de Ximian,  Novell, Trolltech, etc.

  
  
Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria
seria imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
subproxectos GNOME, KDE e Mandriva.

  
  
Nacho, Xavier G. Feal, e das distros nom sei (Leandro, if i recall correctly).

  
  
Pode estar mais xente, mais se ha MOITA 
MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

  
  
Extramuros in illo tempore (hai duas semanas ±)... houbo unha breve conversa 
entra vários dos tradutores en activo ao longo de 2005-2006 da equipa de KDE 
co gallo de tentar quedar a tomar unhas cervejas. Eu entendo que moita gente 
o único que fai é moito balbordo, pero macho, se nom foi posíbel organizar un 
talher de traduçom na xgn, pensas que se han chegar a juntar 10 trasnegos? e 
o que é pior, vas-me fazer perder a oportunidade de soplar-lhe umha canha á 
Xunta?

Ja em sério: jbalvarez, jtario, nresa, xgf (+xv e mv), lregueiro, hrgandara, 
fgcastiñeira, e ti mesmo ... canta mais xente posteou nos últimos 6 meses?
Amais, umha vez concretada umha data e praça, pode por-se quorum...


  
  

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno