Re: Unha conversa interesante

2007-04-16 Conversa mvillarino
O Domingo, 15 de Abril de 2007 12:42, Xabi G. Feal escribiu:
 Os ficheiros adxuntos de Marce non son doados de entender, con tanto
 flashback. Algo captei, pero non moito. ¡Falades demasiado!

Si, lamento dicir que ultimamente perdín algo da boa educación na xestión do 
correo. Para simplificar a cousa podes copiar o contido (se tes pelotas) en 
$home/Mail/trash/cur

 No caso de quedar un día para falar, non fagades perder o tempo como na
 reunión de Mancomun de agosto ou setembro do ano pasado. Se se vai falar
 supoño que será para ser positivos e consecuentes co dito.

Eu tómome a cousa non como ir a falar con mancomún nen nada parecido, senón 
como ir a tomar un café cun colega nisto do s.l. que tamén está algo 
queimado. Desde logo, non espero que nada disto traia maiores consecuencias 
para nengún dos proxectos.

Xa que estamos: Teo da distro galinux precisa de axuda para opter unha lista 
de palabras en galego con todas as flexións de xénero e número. Se alguén 
sabe como se podería obter, poderíadesvos pór en contacto con el ? (teo en 
edu ponto xunta ponto es)
-- 
Best regards
MV
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

pgpZCFdPLtrWz.pgp
Description: PGP signature

Re: cartafol ou cartafois

2007-04-16 Conversa Xabi G. Feal
O Domingo 15 Abril 2007 20:06, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
 Moitas Grazas pola explicación! Por fin!. Pois daquela se ninguén di o
 contrario porei no glosario o plural de cartafol como cartafois 

Bon, paréceme mellor que poñas cartafoles porque é o correcto.

Re: cartafol ou cartafois

2007-04-16 Conversa Dani Muñiz
Upss! quería dicir cartafoles. Perdón pola confusión.
Porei como plural de cartafol - cartafoles.
(esta vez si)
Grazas!

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Xabi G. Feal escribiu:
 O Domingo 15 Abril 2007 20:06, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
 Moitas Grazas pola explicación! Por fin!. Pois daquela se ninguén di o
 contrario porei no glosario o plural de cartafol como cartafois 
 
 Bon, paréceme mellor que poñas cartafoles porque é o correcto.
 
Re: cartafol ou cartafois

2007-04-16 Conversa Dani Muñiz
Feito! xa está trocado no glosario.
Aproveitando a explicación de Xabi

Folder:
1. n.f. cartafol (recomendado) pl. cartafoles (Palabra composta por
carta e fol. Fol é monosílabo e forma o plural con foles)
 2. n.f. pasta