Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-05 Conversa mvillarino
  Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml:
  ([^]+)+|([A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+


E isto atopa calquera etiqueta XML ou secuencias de escape tipo nbsp;
[...]
$line =~ s/REGEXP//g;

E como sería a regexp? O citado en riba para lokalize?


 E confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)

Je,je, iso xa o teño arranchado: é o de eliminar as etiquetas e demáis
músicas é o que me falla nun script adaptado do port2gal, que o que
fai é tomar un po, e ou pór cada msgid nunh liña, ou idem para o
msgstr.

Que para que o quero? Pois para deixalo en
trunk/l10n-support/gl/tools, ao dispór de quen lle sexa útil
(pontualmente, para as listaxes de estrelas e demáis, a min fóronmo)

Que vaia ben


Re: Publicouse KDE 4.1.2

2008-10-05 Conversa mvillarino
  1. Á hora de presentalo ó público, un 99'...% pódese dicir que virtualmente é
  un 100%. Cada DÍA estanse a sumar e eliminar cadeas, e nun proxecto de aprox.
  130mil cadeas na interface coma KDE e nun algo menos, pero amplo, GNOME, é
  dificil conseguir estar sempre no 100% absoluto.

Iso sen contar as cadeas truque, como unha que nos falta en
tuberling (o home pataca), que só se pode traducir en xustiza tras ter
traducido os sons do xogo (*) e outra análoga no aforcado (iirc), que
se debería traducir despois de ter os ficheiros de palabras listos.

(*)De ahí o requerimento por unha voz melodiosa, que a miña é de anís
con zorollos.


Re: [The Battle for Wesnoth] Nomes de lugar

2008-10-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
Propoño algúns prefixos/sufixos tendo en conta a compatibilidade coas orixinais 
de Leandro (Vila-, Aldea-, Ribeira-, -longa, -vella, -nova):

Mon-
Pena-

-maior
-menor

Os seguintes xa non soan tan ben nalgunhas situacións, pero quizais habería 
que consideralos:

Chaira-

-sacra
-derramo
-doñedo
-douro


Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-05 Conversa mvillarino
O Sábado 04 Outubro 2008 15:49, Jesus Bravo Alvarez escribiu:
 E
 confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)

Quedou coma o plano! Recén entregados en trunk/l10n-support/gl/tools están os 
scripts cos que estaba a argallar.
O que fan é pór o msgid/msgstr nunha liña cada un, e adicionalmente retiran as 
etiquetas, entidades, atallos e troca as conxuncións et por and.

Que para que é útil... pois agora non o recordo exactamente, pero téñoos 
empregado.

-- 
Best regards,
MV