Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-19 Conversa Amador Loureiro Blanco




Apoio "paquete de actualizacins".

Adrin Chaves Fernndez escribiu:

  
Eu sgome inclinando por 'paquete de melloras' ou 'paquete de
actulizacin': dependendo do que se usara no resto das traducins unha ou
outra pode ir mellor.

  
  Eu inclnome por "paquete de actualizacinS"


  


-- 
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org





pack e package

2008-10-19 Conversa Antón Méixome

Proposta:

Service pack  paca de actualizacións
Dependence package  dependencias de paquete




Comento o tema, porque ten a súa complexidade.

Leandro Regueiro apuntaba moi ben no sentido de que pode ser útil 
diferenciar entre pack e package. Ou cando menos ter alternativas.


Ambos termos son diferentes en inglés, de modo que non se vai referir ao 
mesmo cando teñamos que traducir service pack e package dependences. 
A tradución espontánea lévanos a dicir sempre paquete e iso non 
resulta moi atinado porque en service pack falamos dun conxunto, un 
feixe, mentres que en package dependences falamos claramente dun único 
obxecto e das súas relacións con outros obxectos. É


No entanto, aínda que en inglés poidan ser cousas diferentes en galego 
pode quedar aclarado polo contexto, xa que paquete ten varios sentidos 
desde sempre (tanto en inglés coma en galego e tampouco non se traduce 
igual se se trata dun substantivo ou dun verbo. Nós estamos aquí co 
valor de substantivo).


	[en] Package: 
http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=packagelingua_busca=entipo_busca=exacta
	[en] Pack: 
http://sli.uvigo.es/dicionario/dic.php?cadea_busca=packlingua_busca=entipo_busca=exacta 



  	[gl] Paquete: Cousa ou conxunto de cousas envoltas xuntas e que 
forman un conxunto
	[gl] Fardo :Obxecto ou conxunto de obxectos envoltos e atados, 
preparados para transportar.	

[gl] Paca: Paquete compacto


Un exemplo práctico:
Paquete de medidas, indica pluralidade de cousas
Paquete de cigarros, indica un único obxecto plural ou colectivo

É dicir, hai palabras en inglés que cómpre traducir por dúas diferentes 
en galego segundo o caso porque se refiren a significados diferentes que 
nos diferenciamos con palabras diferentes; tamén hai casos en que dúas 
palabras ou dúas acepcións diferentes en inglés caben nunha galega 
porque para nós esa palabra ten tamén acepcións diferentes; segundo caso 
entendemos a diferencia.


Por iso, en conclusión, propoño especializar un sinónimo de paquete 
para o caso do inglés pack. Así teriamos dúas palabras sen romper a 
estrutura semántica do galego. Se vos fixades nas definicións, a virtude 
de paca fronte a fardo é que este último ten demasiada connotación 
de embalaxe ou mercadoría mentres que paca non, á parte de que paca 
ten o sentido de compacto é resulta relacionable formalmente con pack.


É un caso parecido ao de block e lock que poderiamos traducir por 
bloquear e trabar respectivamente.


Unha idea, un pouco dura, ben o sei:

Pack  paca (sinónimo de paquete). O que nos levaría a paca de 
actualizacións seguindo a tendencia deste fío de discusión.


	Alternativamente: empaquetado, fardo, feixe, conxunto, colección, 
bulto, embalaxe.


Package  paquete
	*pacote non está admitida como normativa e considérase un lusismo (esa 
terminación -ote é moi excepcional).



En portugués tamén distinguen:

package  pt. pacote
pack  pt. embalagem



Re: pack e package

2008-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu deixaría paquete para ambos os dous termos, pack e package, pero se hai que 
elixir unha alternativa, eu opto por pack=feixe, que deixa claro o matiz 
inglés de plural (pack=feixe de paquetes).


Re: New registrant in 'aKademy-es 2008': Mr. MIGUEL, Blanco Vázquez

2008-10-19 Conversa Miguel Branco
Idem, vou a akamemy(es)!!

Enviei ademáis a 'candidatura' a presentación e marcarona como 'Abstract 
ID:5', así que parece que hai unha alta probabilidade de que a acabe facendo; 
parece. 

Os que vaiades (Marce de momento), a que cousas ides? á cena? á queimada?. Eu 
de momento non me apuntei a nada)).

Abur!!

On Monday 20 October 2008 01:29:02 you wrote:
  Congratulations, your registration to aKademy-es 2008 was
 successful. See your information below:


  Event:
 http://gpul.grupos.udc.es/MaKaC/conferenceDisplay.py?confId=13 Registrant
 Id: 16
  Title: Mr.
  First Name: Blanco Vázquez
  Surname: Miguel
  Position:
  Institution: Proxecto Trasno (Grupo de Localización de
 Software libre al Gallego) Address:
  City: A Coruña
  Phone:
  Fax:
  Email: mgl.bra...@gmail.com
  Personal homepage:
  Motivo de asistencia: Pertenezco al grupo de tradución de KDE
 al gallego. Formo parte del Proxecto Trasno, que es el grupo de
 localización de software libre al Gallego.


  Alojamiento:
 - Arrival date: 21 November 2008
 - Departure date: 23 November 2008
 - Accommodation type: Soy de Coruña o vengo en el
 día


  Alimentación:
   - Hábitos alimenticios: Como de todo
   - Alergia: Tengo alergia a algún producto alimenticio 
 (Especificar en
 comentarios): no

  Comentario:
   - Comentario:

  Desplazamiento:
   - Vehículo: Soy de Coruña
   - Origen del desplazamiento:
   - Hora prevista de llegada:


Re: [Wesnoth]

2008-10-19 Conversa Leandro Regueiro
Xente de Wesnoth, os de Wesnoth.

Falando de nomes de cousas e topónimos, en certas campañas aparece
unha poboación chamada Dwarven Doors que ainda non sei moi ben como
traducir. Supostamente é unha poboación da Alianza do Norte na que
viven ananos e humanos e está sobre terra preto da entrada principal
de Knalga (un dos grandes reinos dos ananos), alguén ten ideas para a
tradución?

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-19 Conversa Leandro Regueiro
2008/10/18 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org:
 Apoio paquete de actualizacións.

Se hai maioría haberá que ceder. Lembro ter visto, creo que en
opensuse ou en mandriva, algo coma update bunch, que tampouco
soubera moi ben como traducir. Por iso digo que creo que abusamos de
paquete.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-19 Conversa mvillarino
O Domingo 19 Outubro 2008 19:31, Leandro Regueiro escribiu:
 Se hai maioría haberá que ceder. Lembro ter visto, creo que en
 opensuse ou en mandriva, algo coma update bunch, que tampouco
 soubera moi ben como traducir. Por iso digo que creo que abusamos de
 paquete.
Bunch é un grupo. Dependendo dos elementos, así será a palabra máis 
axeitada: ramo, acio, feixe... Como non creo que haxa unha palabra 
patrimonial para referirse a vaias actualización que van a unha, pois grupo 
de actualizacións
-- 
Best regards,
MV


Re: [Wesnoth]

2008-10-19 Conversa mvillarino
O Domingo 19 Outubro 2008 19:25, Leandro Regueiro escribiu:
 Xente de Wesnoth, os de Wesnoth.

 Falando de nomes de cousas e topónimos, en certas campañas aparece
 unha poboación chamada Dwarven Doors que ainda non sei moi ben como
 traducir. Supostamente é unha poboación da Alianza do Norte na que
 viven ananos e humanos e está sobre terra preto da entrada principal
 de Knalga (un dos grandes reinos dos ananos), alguén ten ideas para a
 tradución?

Máis ben: se alguén sabe o motivo polo que esa campaña é tan condenadamente 
difícil, que o diga. Desistin!
(Portas dos anaos?)

-- 
Best regards,
MV


Re: [Wesnoth]

2008-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Xente de Wesnoth, os de Wesnoth.

 Falando de nomes de cousas e topónimos, en certas campañas aparece
 unha poboación chamada Dwarven Doors que ainda non sei moi ben como
 traducir. Supostamente é unha poboación da Alianza do Norte na que
 viven ananos e humanos e está sobre terra preto da entrada principal
 de Knalga (un dos grandes reinos dos ananos), alguén ten ideas para a
 tradución?

 Ata logo,
Leandro Regueiro

Eu o traducín como as Portas dos Ananos, pero onde o traducín referíase ao 
lugar, creo, e non á facción.


Wait - KPackageKit

2008-10-19 Conversa mvillarino
Debe ser que me canto menos novo son, máis raro me torno, pero ultimamente 
estou a desenvolver reticencias a estas mensaxes que conteñen un trazo que 
separa un texto do nome do programa.
Que solucións pode haber?(*)



[*]Non, non me vou medicar, pero grazas pola suxestión.
-- 
Best regards,
MV


[dúbida] wrapper

2008-10-19 Conversa mvillarino
Só para desenvolventes: que é un wrapper? (e como traducilo)
-- 
Best regards,
MV