Re: Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-06-16 Conversa Miguel Bouzada
Sobre o tema:

*Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

Despois do falado sobre o caso de «Centro de control de software» e outros
casos que teñen relación coa ferra,menta «apt» buscando alternativas
decateime de que estamos a esquecer unha opción...

Suprimir

segundo Digalego
  *1* * * *v t*  Facer desaparecer algo ou alguén.
*2* * * *v t*  Facer que algo deixe de existir.  *SIN:
*eliminar. aínda
que sexan sinónimos, (IMHO) poden ser útiles para diferenciar ambos casos

Para min a dúbida seria cal das dúas sería a máis acaída

Remove → Suprimir
Delete → Eliminar

ou

Remove → Eliminar
Delete → Suprimir

a ter en consideración: a tecla «Del» nos teclados en «_ES» ven como «Supr»

Ter en conta tamén o esforzo de unificación que pode levar, xa que «remove»
adoita empregarse menos (ou esa é a miña sensación)


2011/6/9 Antón Méixome cert...@certima.net

 Envío o comentario sobre algunhas


 0
 - check
 propostas:
 (vbo)verificar, comprobar, confirmar, revisar, corrixir

 Actualmente a tradución máis habitual é verificar, pero o sentido galego de
 verificar é a indicación de se algo é/non é verdade. Probablemente se
 trate dunha extensión abusiva a partir de caixa de verificación, caixa de
 comprobación, que consiste nunha marca de activar/desactivar unha opción. A
 partir de aí estendeuse a todo o que supoña a elección e ás accións
 relativas á confirmar o estado dunha opción. É un anglicismo con potencial
 expansivo como se pode comprobar en español americano co uso de checar.
 Neste sentido máis xeral, a palabra non marcada sería comprobar

 Outro uso diferente é o relativo aos motores de gramaticais e ortográficos.
 Nese contexto, verificar é claramente un anglicismo innecesario xa que en
 galego común indícase como corrixir. Non hai diferenza entre o
 spell/grammar check, que serán denominados corrección
 ortográfica/gramatical.

 Para evitar os usos abusivos e o anglicismo

 acórdase:

 -  comprobar (cando se trate de facer unha acción): comprobar se o
 ficheiro está en uso
 -  revisar (cando se trate dunha configuración, opción): revisar se as
 maiúsculas están activadas
 -  corrixir (cando se trate de executar unha función): corrixir a
 ortografía dun texto

 -  verificar  conforme os usos xerais

 DRAG
 v.t. 1. Face-las probas precisas para ver se [unha cousa] é verdadeira, ou
 se é cómo debe de ser. A policía verificou a declaración da testemuña. CF.
 confirmar.Hai que verifica-la calidade do ouro. SIN. contrastar.Verificar un
 peso. SIN. comprobar. 2. Examinar [algo] para comprobar que está en perfecto
 estado e que funciona. Verifica-los freos do coche. Verificar un motor. 3.
 Demostrar por medio de argumentos e probas que [unha cousa] é verdade. Esta
 proba verifica que o acusado estaba no lugar do crime. SIN. confirmar. //
 v.p. 4. Ser [unha cousa] ou ocorrer tal como se predixera. As prediccións do
 tempo verificáronse. SIN. cumprirse.

 relacionadas:
 - (checkbox) caixa de verificación  caixa de selección (está tradución non
 foi confirmada na Trasnada, podería optarse tamén por caixa de control ou
 caixa de opción)
 - suma de verificación  suma de comprobación (está tradución si foi
 confirmada na Trasnada)
 - (make sure) verifique  asegúrese de
 - (checking)  comprobación, pero con casos especiais como checking
 sequence  control de secuencia, ou paritiy check  control de paridade, xa
 que aquí o valor conceptual é diferente en inglés.

 =

 - environment

 Computing  an operating system, program, or integrated suite of programs
 that provides all the facilities necessary for a particular application: a
 word-processing environment

 propostas:
 (nome) contorno, entorno, contorna, ambiente

 Nota prescindible:
 É o caso máis complexo que nos podemos atopar pero para a tradución
 informática necesitamos precisión e coherencia e que as propostas neolóxicas
 sexan directas e non choquen cos usos xerais. Desde un punto de vista
 estritamente filolóxico, ambiente ou medio terían sido as solucións
 ideais, adaptando a metáfora ao eido informático, pero encontrámonos con que
 esa palabra xa en inglés presenta múltiples acepcións, e algunhas delas
 teñen equivalentes con outras palabras xa existentes en galego, que tamén
 teñen a súa historia e múltiples acepcións. E ademais xa se produciu unha
 complexa especialización. Temos un problema terminolóxico, non filolóxico.

 + environment, medio ... 
 + environmental, ambiental ... 
 + environmentalism, ecoloxismo ... 
 + environmentalist, ecoloxista ... 

 Por outro lado o valor xeral que intenta transmitir non é exclusivo da
 ciencia informática e xa se asentou hai tempo na lingua no campo das
 ciencias naturais e sociais. O que antes era campo agora é medio natural ou
 

Ben falado!

2011-06-16 Conversa Xosé
Non o viu ninguén? Hoxe saíron os trasnegos no Ben falado da galega.

Xosé
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Ben falado!

2011-06-16 Conversa Miguel Bouzada
Repeticion?

2011/6/16 Xosé xoseca...@gmail.com

 Non o viu ninguén? Hoxe saíron os trasnegos no Ben falado da galega.

 Xosé

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto