Sobre o tema:

*****Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

Despois do falado sobre o caso de «Centro de control de software» e outros
casos que teñen relación coa ferra,menta «apt» buscando alternativas
decateime de que estamos a esquecer unha opción...

Suprimir

segundo Digalego
  *1* * * *v t*  Facer desaparecer algo ou alguén.
*2* * * *v t*  Facer que algo deixe de existir.              *SIN:
*eliminar. aínda
que sexan sinónimos, (IMHO) poden ser útiles para diferenciar ambos casos

Para min a dúbida seria cal das dúas sería a máis acaída

Remove → Suprimir
Delete → Eliminar

ou

Remove → Eliminar
Delete → Suprimir

a ter en consideración: a tecla «Del» nos teclados en «_ES» ven como «Supr»

Ter en conta tamén o esforzo de unificación que pode levar, xa que «remove»
adoita empregarse menos (ou esa é a miña sensación)


2011/6/9 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Envío o comentario sobre algunhas
>
>
> ============================================================================0
> - check
> propostas:
> (vbo)verificar, comprobar, confirmar, revisar, corrixir
>
> Actualmente a tradución máis habitual é verificar, pero o sentido galego de
> verificar é a indicación de se algo "é/non é verdade". Probablemente se
> trate dunha extensión abusiva a partir de "caixa de verificación, caixa de
> comprobación", que consiste nunha marca de activar/desactivar unha opción. A
> partir de aí estendeuse a todo o que supoña a elección e ás accións
> relativas á confirmar o estado dunha opción. É un anglicismo con potencial
> expansivo como se pode comprobar en español americano co uso de "checar".
> Neste sentido máis xeral, a palabra non marcada sería "comprobar"
>
> Outro uso diferente é o relativo aos motores de gramaticais e ortográficos.
> Nese contexto, verificar é claramente un anglicismo innecesario xa que en
> galego común indícase como "corrixir". Non hai diferenza entre o
> spell/grammar check, que serán denominados corrección
> ortográfica/gramatical.
>
> Para evitar os usos abusivos e o anglicismo
>
> acórdase:
>
> - > comprobar (cando se trate de facer unha acción): comprobar se o
> ficheiro está en uso
> - > revisar (cando se trate dunha configuración, opción): revisar se as
> maiúsculas están activadas
> - > corrixir (cando se trate de executar unha función): corrixir a
> ortografía dun texto
>
> - > verificar > conforme os usos xerais
>
> DRAG
> v.t. 1. Face-las probas precisas para ver se [unha cousa] é verdadeira, ou
> se é cómo debe de ser. A policía verificou a declaración da testemuña. CF.
> confirmar.Hai que verifica-la calidade do ouro. SIN. contrastar.Verificar un
> peso. SIN. comprobar. 2. Examinar [algo] para comprobar que está en perfecto
> estado e que funciona. Verifica-los freos do coche. Verificar un motor. 3.
> Demostrar por medio de argumentos e probas que [unha cousa] é verdade. Esta
> proba verifica que o acusado estaba no lugar do crime. SIN. confirmar. //
> v.p. 4. Ser [unha cousa] ou ocorrer tal como se predixera. As prediccións do
> tempo verificáronse. SIN. cumprirse.
>
> relacionadas:
> - (checkbox) caixa de verificación > caixa de selección (está tradución non
> foi confirmada na Trasnada, podería optarse tamén por caixa de control ou
> caixa de opción)
> - suma de verificación > suma de comprobación (está tradución si foi
> confirmada na Trasnada)
> - (make sure) verifique > asegúrese de
> - (checking) > comprobación, pero con casos especiais como checking
> sequence > control de secuencia, ou paritiy check > control de paridade, xa
> que aquí o valor conceptual é diferente en inglés.
>
> =================================================================
>
> - environment
>
> Computing  an operating system, program, or integrated suite of programs
> that provides all the facilities necessary for a particular application: a
> word-processing environment
>
> propostas:
> (nome) contorno, entorno, contorna, ambiente
>
> Nota prescindible:
> É o caso máis complexo que nos podemos atopar pero para a tradución
> informática necesitamos precisión e coherencia e que as propostas neolóxicas
> sexan directas e non choquen cos usos xerais. Desde un punto de vista
> estritamente filolóxico, "ambiente" ou "medio" terían sido as solucións
> ideais, adaptando a metáfora ao eido informático, pero encontrámonos con que
> esa palabra xa en inglés presenta múltiples acepcións, e algunhas delas
> teñen equivalentes con outras palabras xa existentes en galego, que tamén
> teñen a súa historia e múltiples acepcións. E ademais xa se produciu unha
> complexa especialización. Temos un problema terminolóxico, non filolóxico.
>
> + environment, medio ... >>>
> + environmental, ambiental ... >>>
> + environmentalism, ecoloxismo ... >>>
> + environmentalist, ecoloxista ... >>>
>
> Por outro lado o valor xeral que intenta transmitir non é exclusivo da
> ciencia informática e xa se asentou hai tempo na lingua no campo das
> ciencias naturais e sociais. O que antes era campo agora é medio natural ou
> ecosistema, ou o que era o tempo agora tamén é o ambiente. Produciuse pois
> unha readaptación dunha longa serie de palabras, a través de múltipes
> matices que hoxe están moi cargadas de connotacións que non podemos
> esquecer: ámbito e ambiente, veciñanza e medio, etc.
>
> Resultaría moi chocante, confuso, para os falantes falarmos do ambiente dun
> aplicativo (hai que estar de bo humor para manexalo?) e se falamos de
> configurar o ambiente do escritorio pensariamos antes en decoración de
> interiores que en instalar a plataforma java. Por esa razón, os tradutores
> informáticos, buscaron desde sempre en galego unha alternativa e optaron
> basicamente por dúas solucións: entorno e contorno.
>
> Se "o que nos rodea" é o contorno, porque *entorno é castelanismo, entón
> contorno deberia funcionarnos ben. A cuestión que debatemos é que contorno
> presenta problemas porque ten acepcións confusas. Se contrastamos as
> definicións da RAG (máis abaixo), vemos que non nos queda ningunha saída
> produtiva e a ningún se nos escapa que usar "contorno" no sentido que
> buscamos resulta forzado porque choca co valor que a propia RAG nos dá nos
> dicionarios oficiais. En resumo, ambiente xa se nos escapou e contorno
> significa segundo a RAG outra cousa. Estamos orfos.
>
>
> Exemplo: se nos atopamos unha mensaxe que nos di
> contorno incorrecto, modificouse o contorno  (a que se refire ? borde?
> contorno? medio?... pois é «wrong environment»)
>
> Contorna é unha palabra que ten un uso totalmente diferente (=comarca).
> Contorno colisiona aparentemente con bordo; ambiente en galego é
> principalmente adxectivo, non substantivo. Como substantivo, ambiente,
> resulta abusivo estender o seu valor en galego á interface de usuario por
> estar moi apegado ao medio físico. Esta é a razón pola que entorno e
> ambiente seguiron camiños diferentes. É evidente que o galego utiliza hoxe
> entorno por influencia do castelán en multitude de ámbitos, con referencia
> ao medio físico, como palabra máis xeral, mentres que ambiente como medio
> anímico, sentimental.
>
> Entorno presenta a particularidade de non estar recollido nin no VOLG nin
> no DRAG. Esta é a explicación de por que se lle engadiu o valor de
> environnement a contorno. Chama moito a atención que se contorno é
> perímetro, poida ser "sinónimo" de contorna, arredores ou ambiente. Ese é o
> valor de "entorno" que a RAG omite, seguramente por consideralo
> castelanismo.
>
> Isto tamén crea problemas de precisión importantes nas interfaces xa que o
> contorno considérase continuo (idealmente unha liña) arredor dun obxecto
> xeométrico, un único elemento, mentres que un bordo é un elemento de cada un
> dos cantos dunha figura. Así un cadrado ten un cortorno e catro bordos. O
> que xa non se pode asumir é que ademais o escritorio ou a plataforma na que
> se executa un aplicativo sexa tamén un contorno. Ademais en inglés adóitase
> distinguir totalmente entre outline, environment e border.
>
> De feito vemos que tanto no Corpus Técnico do Galego (CTAG) onde se
> documenta o seu uso no sentido de "medio que rodea", no Tesouro
> Informatizado da Lingua Galega (TILG) coma no corpus CLUVI de inglés-galego
> informático (todo KDE) está máis ca documentado.
>
> En portugués entorno é unha palabra normal co significado de "arredor, en
> torno de". En galego temos entornar (en+tornar). En catalán e castelán,
> entorno é a palabra de aplicación neste concepto. Mentres que en portgués e
> italiano sono "ambiente".
>
> Trátase pois, se fose un castelanismo, da necesidade dun préstamo técnico
> xa asentado. Se o consideramos un neoloxismo, creado a partir de "en torno
> de" (e non de *en torno a), para dar conta do que sería "o medio, a
> interface, o envoltorio, que rodea, na que o usuario ou o aplicativo
> funcionan". En resumo, trátase de propoñer á RAG que admita esta palabra, de
> creación recente para nós, que teñen as linguas románicas da nosa contorna.
> O tradutores vímola empregando empregando neste campo desde hai décadas.
>
>
> relacionadas:
> - contour > contorno
> - outline > contorno
> - border > bordo
> - edge > bordo
>
>
> DRAG
> contorno
> s.m. 1. Límite exterior dun corpo ou dun obxecto, e liña que describe ese
> límite. O contorno dunha mesa. SIN. perímetro. CF. periferia. Os contornos
> da cara. SIN. perfil, silueta. 2. Zona ou territorio máis ou menos
> delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo. Non hai mentireiro
> coma el en todo o contorno. SIN. contorna, redonda, volta.
>
> bordo
> s.m. Parte que limita unha superficie ou en que remata un obxecto. Estaba
> sentado no bordo da estrada. SIN. beira, marxe. CF. canto4.
>
> contorna
> s.f. Zona ou territorio máis ou menos delimitado arredor dun lugar
> considerado como o núcleo. Non había casa máis rica en toda a contorna. SIN.
> contorno, redonda, volta.
>
> ambiente
> adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A temperatura
> ambiente. // s.m. 2. Aire que nos rodea. O ambiente das cidades está cada
> día máis contaminado. SIN. atmosfera. 3. Conxunto de condicións en que se
> desenvolve calquera tipo de vida. Ambiente acuático. A protección do
> ambiente. SIN. medio. 4. fig. Conxunto de condicións ou circunstancias de
> tipo económico, social, cultural, etc., no ámbito das cales vive unha
> persoa. Criouse nun ambiente de pobreza. SIN. atmosfera, medio. 5. fam.
> Característica do lugar en que hai animación, alegría, bo humor, etc. Os
> sábados hai moito ambiente polas rúas.
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a