Re: Publicaci�n de novas

2012-08-10 Conversa damufo

Boas:
Hai forma de enviar novas mediante RSS?
No meu caso teño meu propio blogue, con temática diversa, se non me erro 
penso que podo crear unha semente RSS coas que sexan interesantes para 
publicar en trasno.
Alguén que controle drupal podería dar unhas indicacións rápidas de como 
facer isto?
Mirei de facelo eu máis despois de identificarme na web, non vexo forma 
de facelo.

Deica.

En 10/08/2012 10:46, Miguel Branco escribiu:

Ola,

Recórdovos que na web tendes dispoñible rexistrarvos e publicar novas
sobre dos proxectos que traducides ou sobre todo o que queirades con
relación á tradución. Con isto facilitámoslle a xente que coñeza os
proxectos nos que se traballa e/ou se a teñen dispoñible en galego etc.
Rexistrádevos e Navegación  Crear contido  artigo do blogue. Unha vez
publicada xa remitimos polas redes sociais a nova.

E así tamén se pode difundir a necesidade de máis xente colaborando, que
non é nada menosprezable.

nb. Unhas do LibreOffice e o KDE 4.9 non estaría mal :)

Apertas e bo verán,
M. Branco


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-08-10 Conversa Leandro Regueiro
2012/8/9 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a memoria
 está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este correo
 o ficheiro por se faltaba algo.

A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
corresponden coa última versión de WordPress.

Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.

Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto