Re: Guía de ferramentas para mestres

2013-02-21 Thread Antón Méixome
Ola Rafa,

Conta comigo


2013/2/21 Asoc. de Usuarios de SwL de Melide 

> Ola, bo día,
>
> preciso de axuda para rematar unha tradución que comecei durante a miña
> estadía na OSL do CIXUG.
>
> Trátase dun gráfico que recolle as diferentes ferramentas que posúe Moodle
> para o profesor.
>
> Eu fixen a tradución inicial, pero preciso de alguén para revisala e
> completala, xa que hai algunhas cousas que non son capaz de traducir. Dito
> sea de paso, que os textos están dentro de caixas e penso que hai cousas
> escritas en modo 'indio'.
>
> A miña idea sería publicalo como un traballo de Trasno, e difundilo pola
> rede, universidades, centros de ensino,... porque é moi útil para imprimir
> nun A3, por exemplo, e colocar nunha sala de profesores.
>
> Agardo as vosas colaboracións.
>
> Por certo, a versión que traducín (Moodle 2.0) só existe en Inglés [
> http://goo.gl/sIaRh], nin tan sequera en Español ;), ah, e o formato que
> utilizan é PowerPoint 2007, o noso vai en SVG.
>
> http://www.cats-pyjamas.net/**moodle-tool-guide/
>
>
> Un saúdo cordial
>
>
> --
> --**
> Rafael Rodríguez Gaioso melisa.mel...@gmail.com
> Presidente de MeLiSAhttp://webmelisa.es
> Telf: (+34) 600 556 226
> --**
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Twitter xa chía

2013-02-21 Thread Adrián Chaves Fernández
Hei de dicir que non acabo de ver iso de anunciar a tradución de Twitter no 
sitio web oficial de Trasno.

O Xoves, 21 de Febreiro de 2013 08:52:13 Leandro Regueiro escribiu:
> On Wed, Feb 20, 2013 at 8:45 PM, Antón Méixome  wrote:
> > Excelente nova para o Día da Lingua Materna. Non é SwL pero é unha tradución
> > feita pola comunidade na que participaron varios dos membros de Trasno.
> 
> Ocúpaste ti logo de redactar unha nova?
> 
> A ver se dera tempo a botar a andar a nova web (todos os servizos).
> Iso si que estaría ben.
> 
> > Chío, chío
> 
> Rechouchío, rechouchío :)
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Twitter xa chía

2013-02-21 Thread Antón Méixome
2013/2/21 Adrián Chaves Fernández 

> Hei de dicir que non acabo de ver iso de anunciar a tradución de Twitter
> no sitio web oficial de Trasno.
>

Douche a miña perspectiva

Se a saída ao público da opción non conseguise unha certa repercusión nos
medios e tal, eu faría esa nova tratándoo como exemplo de que a presenza do
galego nas modernas plataformas da comunicación depende finalmente da
xente. Esa foi a miña única pretension en darlle o maior impacto posible.
Para min, o soporte na rede, nas interfaces actuais, do galego é
absolutamente equivalente á invención da imprenta.

Para salientar, ademais falta total de apoio das autoridades (políticas)
non sendo para tirar proveito para tal ou cal partido en campañas
electorais; tamén faltaron mesmo entidades culturais e asociativas ao
chamado.

Tamén para salientar o "experimento" cultural que resula a determinación de
terminoloxía técnica para un proxecto de certa complexidade nun entorno sen
figuras de autoridade, como se fai en Trasno.

Tamén para salientar que as orientacións que algúns membros de Trasno demos
ao principio do proxecto puxeron bases o bastante firmes para que a xente
non tropezase mil veces nos mesmos croios e puidese avanzar. Despois
conviña retirarse para deixar que outros, ben encamiñados xa, medrasen co
proxecto. Que non decaese pero tendo coidado de non taponar a ninguén e
confiar, confiar. É a miña opinión, claro.

No fondo, non resulta un proxecto de tradución demasiado diferente ao que
facemos noutros casos onde a xente de Trasno non temos a responsabilidade
ou participación exclusiva senón que somos "parte de".

Ora, é certo absolutamente que non podemos facer pasar o colectivo Trasno
como o que levou a maior parte do peso. Quen o levou maiormente, nun grao
altísimo, foi o usuario @markooss, responsable tamén da conta
@twitter_en_galego e do blog (que agora non atopo).

Máis alá do mérito, a quen corresponda, está a necesidade de divulgalo. Aí
é onde Trasno como web podía axudar. Como está tendo abondo repercusión,
creo que xa non é necesario pero había que esperar.

Do que había que publicar era da saída de Firefox 19.0 que iso si que nos
toca totalmente, así que animo a Keko ou a quen teña algo que comunicar que
o divulgue tamén para sacarlle lustre ao traballo, presumir de idioma e
tentar atraer a máis colaboradores porque son proxectos de éxito.

Saúdos






> O Xoves, 21 de Febreiro de 2013 08:52:13 Leandro Regueiro escribiu:
> > On Wed, Feb 20, 2013 at 8:45 PM, Antón Méixome 
> wrote:
> > > Excelente nova para o Día da Lingua Materna. Non é SwL pero é unha
> tradución
> > > feita pola comunidade na que participaron varios dos membros de Trasno.
> >
> > Ocúpaste ti logo de redactar unha nova?
> >
> > A ver se dera tempo a botar a andar a nova web (todos os servizos).
> > Iso si que estaría ben.
> >
> > > Chío, chío
> >
> > Rechouchío, rechouchío :)
> > ___
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Twitter xa chía

2013-02-21 Thread Antón Méixome
Teño que corrixir un dato: o activista que está detrás da conta
@twitter_en_galego é Carlos García Vieito
(http://faladoras.blogaliza.org/2012/03/25/twitter-en-galego/) que é
distinto do tradutor principal @markooss (2716 cadeas) seguido de
@xurxogpe (1921 cadeas) @amilGZ (1295) @sillao (820)


Por certo dous apuntes curiosos

- os de Política Lingüística que tanto botamos de menos en todo SI que
colaboraron... vese aquí https://translate.twitter.com/user/SXPL

- Coñeciades este proxecto de rexistro de chíos en galego
http://diario.consellodacultura.org/gl/tweets/?page=666

  Habería que mandarlles un toque para que en vez de "tuits" usen o
termo oficial "chíos"

:-D

2013/2/21 Antón Méixome :
>
>
>
>
> 2013/2/21 Adrián Chaves Fernández 
>>
>> Hei de dicir que non acabo de ver iso de anunciar a tradución de Twitter
>> no sitio web oficial de Trasno.
>
>
> Douche a miña perspectiva
>
> Se a saída ao público da opción non conseguise unha certa repercusión nos
> medios e tal, eu faría esa nova tratándoo como exemplo de que a presenza do
> galego nas modernas plataformas da comunicación depende finalmente da xente.
> Esa foi a miña única pretension en darlle o maior impacto posible. Para min,
> o soporte na rede, nas interfaces actuais, do galego é absolutamente
> equivalente á invención da imprenta.
>
> Para salientar, ademais falta total de apoio das autoridades (políticas) non
> sendo para tirar proveito para tal ou cal partido en campañas electorais;
> tamén faltaron mesmo entidades culturais e asociativas ao chamado.
>
> Tamén para salientar o "experimento" cultural que resula a determinación de
> terminoloxía técnica para un proxecto de certa complexidade nun entorno sen
> figuras de autoridade, como se fai en Trasno.
>
> Tamén para salientar que as orientacións que algúns membros de Trasno demos
> ao principio do proxecto puxeron bases o bastante firmes para que a xente
> non tropezase mil veces nos mesmos croios e puidese avanzar. Despois conviña
> retirarse para deixar que outros, ben encamiñados xa, medrasen co proxecto.
> Que non decaese pero tendo coidado de non taponar a ninguén e confiar,
> confiar. É a miña opinión, claro.
>
> No fondo, non resulta un proxecto de tradución demasiado diferente ao que
> facemos noutros casos onde a xente de Trasno non temos a responsabilidade ou
> participación exclusiva senón que somos "parte de".
>
> Ora, é certo absolutamente que non podemos facer pasar o colectivo Trasno
> como o que levou a maior parte do peso. Quen o levou maiormente, nun grao
> altísimo, foi o usuario @markooss, responsable tamén da conta
> @twitter_en_galego e do blog (que agora non atopo).
>
> Máis alá do mérito, a quen corresponda, está a necesidade de divulgalo. Aí é
> onde Trasno como web podía axudar. Como está tendo abondo repercusión, creo
> que xa non é necesario pero había que esperar.
>
> Do que había que publicar era da saída de Firefox 19.0 que iso si que nos
> toca totalmente, así que animo a Keko ou a quen teña algo que comunicar que
> o divulgue tamén para sacarlle lustre ao traballo, presumir de idioma e
> tentar atraer a máis colaboradores porque son proxectos de éxito.
>
> Saúdos
>
>
>
>
>
>>
>> O Xoves, 21 de Febreiro de 2013 08:52:13 Leandro Regueiro escribiu:
>> > On Wed, Feb 20, 2013 at 8:45 PM, Antón Méixome 
>> > wrote:
>> > > Excelente nova para o Día da Lingua Materna. Non é SwL pero é unha
>> > > tradución
>> > > feita pola comunidade na que participaron varios dos membros de
>> > > Trasno.
>> >
>> > Ocúpaste ti logo de redactar unha nova?
>> >
>> > A ver se dera tempo a botar a andar a nova web (todos os servizos).
>> > Iso si que estaría ben.
>> >
>> > > Chío, chío
>> >
>> > Rechouchío, rechouchío :)
>> > ___
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> ___
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Icing on the cake

2013-02-21 Thread damufo


En 21/02/2013 8:54, Leandro Regueiro escribiu:

2013/2/20 damufo :

Grazas Antón e ós demais polas suxestións.

Supoñía que o da "Ginda sobre o pastel" era castelán, por iso preguntei e
supuxen que en galego habería algunha expresión feita que viñese a
significar o mesmo ou algo parecido.

Perdón por non pór antes o contexto completo.

Tamén se agradecía que o asunto da mensaxe comezara por [Terminoloxia].



Era este:

Piwigo is a photo gallery software for the web, built by an active
community of users and developers. Extensions make Piwigo easily
customizable. Icing on the cake, Piwigo is free and opensource.

En principio penso que así quedará ben:

Piwigo é un aplicativo de galería de fotos para a web, construído por unha
comunidade activa de usuarios e desenvolvedores. As extensións fan que
Piwigo
sexa doado de personalizar. E o mellor ca mellor, Piwigo é gratis e de
código
aberto.

Por certo, da gusto a interface de tradución que ten esta galería, pode
dicirse que favorece a tradución. Gran traballo dos desenvolvedores, só hai
que traducir e punto. Con axudas e referencias dos outros idiomas xa
traducidos ó instante.
Lémbrame ó babelzilla.

Poderíasme pasar os ficheiros da tradución (e dos textos orixinais se
é un formato monolingüe) para crear un TMX coa tradución?
Aínda estou coa tradución, cando remate, pásoche o que teña pero xa a 
viso que non usan PO.

Deica


Deica


Deica e grazas novamente.


En 20/02/2013 18:42, Antón Méixome escribiu:



Mellor ca mellor
Ouro sobre azul (non a coñecía, do Dicionario de Expresións e frases
feitas de Ed. do Cumio)

«Guinda sobre el pastel», é unha fermosa expresión en castelán, como dicir
«Miel sobre hojuelas»; en galego, sería «poñer o peche de ouro». Neste
sentido «icing on the cake» tamén se podería interpretar como «para pechar
con chave de ouro...»



2013/2/20 Leandro Regueiro mailto:leandro.regue...@gmail.com>>


 http://idioms.thefreedictionary.com/icing+on+the+cake

 2013/2/20 Miguel Bouzada mailto:mbouz...@gmail.com>>:

 > Non sei que sentido terá, se fose despectivo...
 > Custar ferro e fariña
 > Outro que tal baila
 >
 > pola contra:
 > Dar xenio
 > Encher o ollo / Entrar polo ollo
 > Estar coma un rei nunha cesta
 > Estar feito un abril
 >
 > 2013/2/20 Jorge Barreiro mailto:yortx.ba...@gmail.com>>

 >>
 >> O Mércores, 20 de Febreiro de 2013 16:13:03 damufo escribiu:
 >> > Boas:
 >> > Como traduciríades "Icing on the cake, "?
 >> > Hai algunha frase feita en galego cun significado equivalente?
 >> > Ocórreseme "O mellor de todo, blabla..."
 >> >
 >>
 >> A guinda do pastel?
 >> ___
 >> Proxecto mailing list
 >> Proxecto@trasno.net 

 >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 >
 >
 >
 >
 > --
 > Membro de «The Document Foundation Projects»
 http://gl.libreoffice.org
 > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
 > http://galpon.org
 > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
 >
 > ___
 > Proxecto mailing list
 > Proxecto@trasno.net 

 > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 >
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net 

 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto