Re: [terminoloxia] kerning

2014-01-16 Thread Leandro Regueiro
2014/1/15 Antón Méixome :
> 2014/1/10 Leandro Regueiro :
>> Para «line spacing» non había tradución xa?
>
> Si e non, non está fixo
>
> Temos
>
> - entreliñado
> - entreliñamento
> - espazado de/entre liñas
> - espazamento entre liñas
>
> Creo que habería que fixalo na primeira : «entreliñado» porque o verbo
> «entreliñar» recólleo o DRAG aínda que sen esta acepción.
>
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=313490

Anotei as túas decisións sobre «kerning» e «line spacing» para
discutir e adoptar acordo na vindeira trasnada.

Pero sobre «line spacing»:

* 
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=289581
* 
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?nounTitle=entreli%C3%B1a


> Tamén temos problemas con outra básica: «indent» sangría? mellor abro outro 
> fío

Si, mellor. Cada discusión debería ir no seu propio fío.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] indent - sangrado

2014-01-16 Thread Leandro Regueiro
2014/1/16 Adrián Chaves Fernández :
> O Xoves, 16 de Xaneiro de 2014 00:24:06 Antón Méixome escribiu:
>> 2014/1/15 mvillarino :
>> > Pois a min paréceme un anglicismo.
>>
>> É un anglicismo, claro, pero a cuestión é ver se é un préstamo necesario ou 
>> non.
>> Todas as linguas da nosa contorna o aceptan, coa adaptación
>> morfolóxica correspondente pero con este valor de facilitar a lectura
>> de código de programación.
>>
>> http://en.wikipedia.org/wiki/Indent_style
>
> Eu considero o anglicismo innecesario. Se en inglés non necesitan diferenciar 
> entre un concepto e o outro, non vexo por que o imos necesitar nós. De feito, 
> diferenciar podería resultar problemático naqueles programas nos que se poden 
> estar traballando con textos ou con código en calquera momento, como é o caso 
> da maioría dos editores de texto simple en software libre (por exemplo, Kate 
> ou Gedit).

Estou totalmente de acordo con Adrián e Marce. Non o vexo necesario.

Vou incluír isto para acordalo na vindeira Trasnada.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2014-01-16 Thread Leandro Regueiro
2014/1/15 Antón Méixome :
> 2014/1/8 mvillarino :
>> E xa que estamos, outras dúas:
>>
>> - Event (mil veces discutida, agora estou a usar "evento"
>> env:development; acontecemento,suceso,actividade (a comenencia)
>
> Non sei se o pillo ben. Eu aplico como criterio o seguinte: «evento»
> de programación ou de comportamento programado pero «actividade» cando
> se trata dun acto social. A pesar da moda anglófona machacante de
> chamarlle *evento a calquera reunión social é necesario defender o
> valor tradicional da palabra que é xustamente un antónimo do valor
> inglés. Evento é algo inesperado, imprevisto ou sorprendente: evento
> climático, traballo eventual, evento histórico   é unha batalla
> case perdida.

Creo que se acordara nunha discusión empregar:

* «evento» para os eventos de rato, SO e polo estilo.
* «actividade» (ou algo semellante) para "eventos" do mundo real (con
persoas e iso).

Creo que sería cuestión de discutilo rápido na vindeira Trasnada e xa está.


>> - Node (en cousas de grafos e cousas concretas "nodo", sobretodo
>> cousas con matemáticas ou física polo medio, e penso que para os
>> demais casos o correcto debe ir por "nó")
>>
>
> Si, creo que pode ser aplicable o valor 2 da definición académica
> entre astronómico e físico
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=325171
>
> En xeral, sempre se pode utilizar «nodo» como cultismo nos valores
> xerais (de aí por exemplo falara de redes "nodais", ou "nodulares" que
> é un diminutivo de nodo)  pero é recomendable utilizar a patrimonial
> «nó» cando se trate de indicar atado ou núcleo: as redes fanse con
> nós.

Anotei para a vindeira Trasnada:

* «event»
* «node»
* «frame»

Algúns destes xa estaban incluídos alí.

Facédeme o favor de abrir un fío separado para as peticións. Moitas grazas.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Dübidas con acordos sobre expresións

2014-01-16 Thread Leandro Regueiro
2014/1/15 mvillarino :
> 2014/1/15, mvillarino :
>>> Hai que puntualizar un chisco o xa acordado na vindeira discusión
>>> (casos moi específicos onde o acordo xenérico non funciona ben), aínda
>>> que sen cambiar o acordo (que creo que funciona ben).
>>
>> Estes días estou a meterme coa revisión (en kde) dos fallos detectados
>> polas regras de expresión que están no ficheiro «expression.rules». As
>> que aparecen ao principio dese ficheiro comentadas xa están repasadas,
>> porque son copias das que están en kde.rules.
>>
>> Aparéntaseme que en textos longos (por ex. axudas «Que é isto") a
>> opción "non foi posíbel" dá un resultado que se me fai forzado na
>> maneira de expresar as cousas.
>
> Exemplos: kmail.po #1068, kppp #426,

Gustaríame que a vindeira vez pegases aquí os exemplos problemáticos.
Porque se pode dar o caso de que queiramos consultar isto no futuro e
as referencias non sexan válidas xa, ou que pase o que agora, que a
interface SVN de KDE non rule e polo tanto non poida consultar.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Lista en Mozdev

2014-01-16 Thread Leandro Regueiro
Noutro fío vin isto:

> Fai falta xente para traducir outras partes de Mozilla. Quedamos sen lista
> de correo en mozdev.

Keko, poderías explicar que pasou con esa rolda máis polo miúdo?

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2014-01-16 Thread Dani

Boas:
En wx widgets temos Frame e Dialog diría que os dous serían xanelas.

Dani

En 15/01/2014 21:44, Antón Méixome escribiu:

2014/1/13 mvillarino :

E xa que estamos:

- Frame

Para min hai dous valores, dúas palabras

1. «conxunto de mostras secuenciais» : cadros = 25 cadros por segundo (fps)
2. «xanela» : Utilizo «marco» e non cadro = axustar o texto ao marco
(porque non é o mesmo un "frame" que un "cadre")



2014/1/8, mvillarino :

E xa que estamos, outras dúas:

- Event (mil veces discutida, agora estou a usar "evento"
env:development; acontecemento,suceso,actividade (a comenencia)
- Node (en cousas de grafos e cousas concretas "nodo", sobretodo
cousas con matemáticas ou física polo medio, e penso que para os
demais casos o correcto debe ir por "nó")


2014/1/8, Leandro Regueiro :

2014/1/7 mvillarino :

Xa postos: "event".

Xa estaba na lista, cambieille a prioridade.

Deica


2014/1/6, Leandro Regueiro :

2014/1/6 mvillarino :

E tamén "toggle" e expresións relacionadas ( algo/oposto
principalmente)

Engadido


Collecting xustamente foi aparecer á beira dunha palabra que ten
"compilador" na súa raíz.

2013/12/31, Leandro Regueiro :

2013/12/31 mvillarino :

2013/12/15, mvillarino :

Anexo (D.m) un ficheiro con regras do pology para estes acordos.

Xusto por baixo da licenza vai un exemplo de orde para usalo.

=
Así polas probas rápidas que fun facendo aparéntaseme que polas
vindeiras trasnadas habería que falar de:
-  wallpaper
-  tooltip
-  host
-  central time
-  browse (en local, non en navegador)
-  press (non de periodismo, senón de calcar)

E máis:
- Collecting

Anotados, aínda que o de "collecting" non o entendo moi ben.



Que vaia ben (se sae algún erro do pology que paralice a execuciòn,
avisade)

Había, había.


Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Dübidas con acordos sobre expresións

2014-01-16 Thread mvillarino
Como queiras. Á noite vai.

2014/1/16 Leandro Regueiro :
> 2014/1/15 mvillarino :
>> 2014/1/15, mvillarino :
 Hai que puntualizar un chisco o xa acordado na vindeira discusión
 (casos moi específicos onde o acordo xenérico non funciona ben), aínda
 que sen cambiar o acordo (que creo que funciona ben).
>>>
>>> Estes días estou a meterme coa revisión (en kde) dos fallos detectados
>>> polas regras de expresión que están no ficheiro «expression.rules». As
>>> que aparecen ao principio dese ficheiro comentadas xa están repasadas,
>>> porque son copias das que están en kde.rules.
>>>
>>> Aparéntaseme que en textos longos (por ex. axudas «Que é isto") a
>>> opción "non foi posíbel" dá un resultado que se me fai forzado na
>>> maneira de expresar as cousas.
>>
>> Exemplos: kmail.po #1068, kppp #426,
>
> Gustaríame que a vindeira vez pegases aquí os exemplos problemáticos.
> Porque se pode dar o caso de que queiramos consultar isto no futuro e
> as referencias non sexan válidas xa, ou que pase o que agora, que a
> interface SVN de KDE non rule e polo tanto non poida consultar.
>
> Deica
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto