Re: Localización de CyanogenMod

2014-06-16 Thread Antón Méixome
2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga :
> Ola a todos e a todas.
>
> Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
> galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
> proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
> localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
> antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.
>
> O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl
>
> Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.
>
> Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.
>
> --
> Isaac Álvarez Veiga
> Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
> Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
>

Ola Isaac

Molestia? Todo o contrario.
Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese
dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño
en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida.
Acabo de solicitar a alta.

O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización
de criterios de tradución.

Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que
basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que
están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións
ningunha referencia.





> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Os ficheiro2

2014-06-16 Thread Fran Dieguez

On lun 16 jun 2014 02:26:36 CEST, antiparvos wrote:

Si, está en file-roller e coido que se traduce en GNOME:
https://l10n.gnome.org/vertimus/file-roller/gnome-3-8/po/gl


En 15/06/14 23:23, Xosé escribiu:

Perdón. Vai.

No dia 15 de Junho de 2014 às 23:14, Xosé  escreveu:

Captura de pantalla dun diálogo. Pode ser «file-roller».


Xosé


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Os erros que reportades están presentes en versións xa arquivadas, e 
polo tanto non mantidas, de GNOME.

Por favor, revisade as versións superiores
https://l10n.gnome.org/POT/file-roller.gnome-3-12/file-roller.gnome-3-12.gl.po
ou
https://l10n.gnome.org/POT/file-roller.master/file-roller.master.gl.po
para obter as últimas melloras e arranxos.

Saúdos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Instalacion de Pootle

2014-06-16 Thread Leandro Regueiro
2014-06-14 13:35 GMT+02:00 Manel Villar :
> Saudos,
>
> Primeiro de todo, desculpade se este correo non entra dentro do tema da
> lista, mais entendo que pode ser interesante. Na Asociacion Cultural Chuza
> levamos certo tempo cavilando como manter actualizada a traduccion da web,
> sobretodo tendo en conta que de vez en cando facemos trocos que nos
> obrigarian a xerar outra vez os arquivos de traduccion.
>
> Para resolvermos este problema, e despois de valorar diferentes solucions,
> atopamos que o software Pootle http://pootle.translatehouse.org/ vén sendo
> dos mais axeitados. O que pretendemos seria tanto usalo para a nosa web como
> ofrecelo como servizo gratuito para outras webs galegas ou que queiran
> empregar o galego en calquera das suas formas e non teñan acceso doado a
> ferramentas de traducción.
>
> A instalación e administración do paquete non é trivial e, ainda que temos
> unha version de proba no noso VPS, vai bastante lento http://pootle.chuzagl
> . Se alguen nos pode botar unha man, estaremos moi agradecidos. En calquera
> caso, todos os vosos comentarios sobre o tema son benvidos.

Non estaría de máis que consultedes as vosas dúbidas na documentación
oficial e na canle de IRC ou na rolda de correo:

http://docs.translatehouse.org/projects/pootle/en/stable-2.5.1/
https://lists.sourceforge.net/lists/listinfo/translate-pootle
#pootle en irc.freenode.org


Deica

> Grazas
>
> --
> Manel Villar
> Paulsborner Str. 9
> 10709 Charlottenburg
> Berlin (Deutschland)
>
> Tel: (+49) (0)162 6574604
> skype: manel.villar
> mane...@gmail.com
>
> "Ars longa, vita brevis"
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Localización de CyanogenMod

2014-06-16 Thread Isaac Álvarez Veiga
Ola, Antón.

Pola miña parte estiven buscando ficheiros terminolóxicos de traducións de
Android ao galego pero non atopei ningún. Sei que hai terminais que o teñen
dispoñible (varios de Samsung, por exemplo) e sei que Google está a
traballar nunha versión en galego, pero creo que non hai nada público (o
polo menos eu non atopei nada) así que, de momento, eu sigo as directrices
xerais de Trasno.

Toda colaboración é máis que benvida! :)


2014-06-16 9:28 GMT+02:00 Antón Méixome :

> 2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga :
> > Ola a todos e a todas.
> >
> > Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
> > galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
> > proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
> > localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
> > antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.
> >
> > O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl
> >
> > Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.
> >
> > Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.
> >
> > --
> > Isaac Álvarez Veiga
> > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
> > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
> >
>
> Ola Isaac
>
> Molestia? Todo o contrario.
> Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese
> dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño
> en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida.
> Acabo de solicitar a alta.
>
> O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización
> de criterios de tradución.
>
> Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que
> basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que
> están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións
> ningunha referencia.
>
>
>
>
>
> > ___
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Localización de CyanogenMod

2014-06-16 Thread Antón Méixome
2014-06-16 12:57 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga :
> Ola, Antón.
>
> Pola miña parte estiven buscando ficheiros terminolóxicos de traducións de
> Android ao galego pero non atopei ningún. Sei que hai terminais que o teñen
> dispoñible (varios de Samsung, por exemplo) e sei que Google está a
> traballar nunha versión en galego, pero creo que non hai nada público (o
> polo menos eu non atopei nada) así que, de momento, eu sigo as directrices
> xerais de Trasno.
>
> Toda colaboración é máis que benvida! :)

Ben, o meu cuase obsoleto Sony xperia antigo ten tradución ao galego
feita por R (incompleta, claro) pero moi ben feita.

Sobre o que haxa en Google, seguramente o que mellor pode saber por
aquí é Fran Diéguez.

E do resto si, a mellor guía é o vai facendo Trasno.
Lástima que estean metade dos servizos caídos

:-(




>
>
> 2014-06-16 9:28 GMT+02:00 Antón Méixome :
>
>> 2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga :
>> > Ola a todos e a todas.
>> >
>> > Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
>> > galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron
>> > o
>> > proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
>> > localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos,
>> > mellor:
>> > antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.
>> >
>> > O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl
>> >
>> > Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.
>> >
>> > Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.
>> >
>> > --
>> > Isaac Álvarez Veiga
>> > Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
>> > Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
>> >
>>
>> Ola Isaac
>>
>> Molestia? Todo o contrario.
>> Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese
>> dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño
>> en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida.
>> Acabo de solicitar a alta.
>>
>> O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización
>> de criterios de tradución.
>>
>> Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que
>> basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que
>> están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións
>> ningunha referencia.
>>
>>
>>
>>
>>
>> > ___
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> ___
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Isaac Álvarez Veiga
> Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
> Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[terminoloxia] posterize

2014-06-16 Thread Antón Méixome
Creo que nunca apareceu.

Dado que se basea no anglicismo «poster» pero que está recollido xa
pola Academia como "póster" supoño que non hai problema para admitir o
verbo en argot fotográfico

póster → posterizar

Senón tamén valería "cartelizar" pero estamos na mesma porque o verbo
non se recolle no dicionario.

Outra alternativa é interpretalo como "converter en póster" pero
paréceme demasiado prudente, innecesario.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] posterize

2014-06-16 Thread Miguel Bouzada
Eu traducín un feixe de veces esa expresión :-) e semella que alguén máis...

http://mymemory.translated.net/s.php?q=posterize&sl=Autodetect&tl=gl-ES


2014-06-16 15:01 GMT+02:00 Antón Méixome :

> Creo que nunca apareceu.
>
> Dado que se basea no anglicismo «poster» pero que está recollido xa
> pola Academia como "póster" supoño que non hai problema para admitir o
> verbo en argot fotográfico
>
> póster → posterizar
>
> Senón tamén valería "cartelizar" pero estamos na mesma porque o verbo
> non se recolle no dicionario.
>
> Outra alternativa é interpretalo como "converter en póster" pero
> paréceme demasiado prudente, innecesario.
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto