Consellos

2016-02-19 Conversa Roi González Villa
Boas

Se queredes, pódese personalizar o teclado de Windows para engadir
caracteres faltantes como as comiñas latinas («») ou o símbolo do grado
(°). Faise co programa Microsoft Keyboard Layout Creator.
Tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=P4PTpRtL6nY

A Real Academia Galega a Fundación Barrié crearon o Portal das palabras,
unha páxina web na que resolven dúbidas en galego. E responden nun día.
http://portaldaspalabras.gal
suxesti...@portaldaspalabras.org

Un saúdos
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-19 Conversa Antón Méixome
Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
inexistente *privacity

Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor

privacy ten dúas acepcións
  - intimidade
  - confidencialidade

Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre persoas
e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
"intimidade"

Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
1. "programa para unha confidencialidade óptima"
2. "intimidade bastante boa"

É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.

Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o valor
desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza, gobernanza,
cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)

En galego temos
privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
confidencia, confidencial
intimidade (=privanza)

Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
*confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
"fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.

Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
(privar, privado, privativo, privanza)

Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e poder
facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces ofrecen
moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa *privacidade)

Política de protección de datos persoais (datos privados) = política/norma
de privanza = privanza















O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco  escribiu:

> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario inglés.
> Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución incorrecta de
> castelá > inglés .
>
> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos 
> escribiu:
>
>>
>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
>>
>>
>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
>>
>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>>
>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras, que
>> como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
>> responderon nun día ou dous. 
>> suxesti...@portaldaspalabras.org
>>
>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>>
>> Saúdos
>>
>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome  escribiu:
>>
>>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>>>
>>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
>>> Fíxate que o preceden de asterisco
>>>
>>>
>>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
>>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
>>> súa vida.
>>>
>>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
>>> son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>>>
>>>
>>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
>>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>>>
>>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>>>
>>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
>>> intimidade.SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns
>>> autores particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo
>>> Termigal. Fiabilidade baixa)
>>>
>>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit AQUI DECLARADO
>>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada
>>> do alemán.
>>>
>>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e
>>> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
>>> (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía
>>> dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa <
>>> roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu:
>>>
 Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é
 un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
 Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
 palabras que non recollen no seu dicionario.


 https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal=utf-8=utf-8_rd=cr=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal

 Saúdos.

 O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <
 fuertescachald...@gmail.com> escribiu:

> Pois non estaría mal a 

Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-19 Conversa Manuel X. Lemos

Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si
está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
«achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».


O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>
> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
> responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org
> 
>
> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>
> Saúdos
>
> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome  > escribiu:
>
> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>
> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
> Fíxate que o preceden de asterisco
>
>
> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o
> seu espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos
> aspectos da súa vida.
>
> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por
> exemplo, son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á
> intimidade.
>
>
> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a
> la intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>
> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>
> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
> intimidade.SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia
> senón duns autores particulares, que introducen nota de anglicismo
> e avalados polo Termigal. Fiabilidade baixa)
>
> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit AQUI DECLARADO
> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por
> el calcada do alemán.
>
> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social
> e mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
> (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada:
> debía dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>
>
>
>
>
>
>
> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa
>  > escribiu:
>
> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario
> da RAG é un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de
> usar palabras que non recollen no seu dicionario.
>
> 
> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal=utf-8=utf-8_rd=cr=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>
> Saúdos.
>
> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora
>  > escribiu:
>
> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se
> ben a define canto a un estilo de relación cunha persoa,
> ben pode entenderse coma a condición de espazo íntimo e
> persoal (compartido con outro ou cun mesmo), parello ao
> que en castelán chman privacidade.
>
> Que vos parece?
>
> Saúde.
>
> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome
> >:
>
> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de
> desconfiar ata hoxe.
>
> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>
> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG,
> nin no Digalego. En portugués si, pero como puro calco
> do inglés, coma sempre.
>
> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>
> Privacy Policy → Normas de privanza
>
> e fai parella con Security → Seguranza
>
> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e
> sería un resgate case medieval. A alternativa é o
> anglicismo. O que nós temos é un castelanismo que
> parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>
> O calco directo español de privacy é privacía.
>
>
> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con
> «privativo» porque vén do léxico xurídico.
>
> Opinións?
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net 
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> -- 
> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa
> ás seguintes institucións:
> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>

Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-19 Conversa Leandro Regueiro
O 19 febreiro 2016 03:25, Roi González Villa
 escribiu:
> Deches aberto os PDFs? Eu non.
>
> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras, que
> como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
> responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org
>
> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
> «adxuntar», «nominación», «redirección».
>
> Saúdos
>
> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome  escribiu:
>>
>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>>
>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto. Fíxate
>> que o preceden de asterisco
>>
>>
>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da súa
>> vida.
>>
>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo, son
>> polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>>
>>
>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>>
>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>>
>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. > intimidade.
>> SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns autores
>> particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo Termigal.
>> Fiabilidade baixa)
>>
>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit AQUI DECLARADO
>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada
>> do alemán.
>>
>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e mesmo
>> na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,.. (claramente
>> falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía dicir
>> "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)

Ola,
Nunca vira «privacity». Pero «privacy» ten como tradución recomendada
«intimidade» segundo o antigo glosario do Proxecto Trasno
http://termos.trasno.net/

En todo caso quero dicir que eu sempre entendin «privacy» definido
como «dereito á intimidade» polo cal «privacidade» e «intimidade»
serían cousas diferentes, deixando fóra que «privacidade» teoricamente
non existe pero algún neoloxismo teremos que ir incorporando ao
Galego, non?

Buscando na terminoloxía acaparada estes anos:

"privacy"  (Trasno):

"intimidade"


"privacy"  (Wikilib):

"intimidade"


"privacy"  (KDE):

"privacidade"


"privacy"  (Mancomun):

"privacidade"


"Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):

"programa para unha confidencialidade óptima"


"information privacy"  (PanECom):

"privacidade de información"


"privacy at point-of-sale terminals"  (PanECom):

"carácter confidencial de terminais de punto de venda"


"privacy protection", "privacy", "protection of personal information",
"personal information protection"  (PanECom):

"protección de información persoal"
"protección de datos persoais"


"privacy respect", "privacy"  (PanECom):

"privacidade"


"privacy statement"  (PanECom):

"política de privacidade"


"Wired Equivalent Privacy"  (tbxMS):

"Privacidade equivalente sen fíos"


"Wired Equivalent Privacy"  (MSoft):

"Privacidade conectada equivalente"


"Privacy"  (SanCle):

"Privacidade"


"Pretty Good Privacy", "PGP"  (galOrg):

"intimidade bastante boa"


Deica

>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa
>>  escribiu:
>>>
>>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é
>>> un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
>>> palabras que non recollen no seu dicionario.
>>>
>>>
>>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal=utf-8=utf-8_rd=cr=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora 
>>> escribiu:

 Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
 canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
 condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo),
 parello ao que en castelán chman privacidade.

 Que vos parece?

 Saúde.

 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome :
>
> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>
> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>
> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego.
> En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>
> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>
> Privacy Policy → Normas de privanza
>
> e fai parella con Security → Seguranza
>
> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>