Re: [terminoloxia] privacity

2016-02-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
As conclusións do artigo ao que fixo referencia Antón podería servir de
punto de partida. Define claramente o que entende por intimidade,
privacidade e confidencialidade.

2016-02-23 14:44 GMT+01:00 Leandro Regueiro :

> O 23 febreiro 2016 14:24, Adrián Chaves Fernández
>  escribiu:
> > Lendo as conclusións do artigo da ligazón de Antón, creo como Leandro que
> > "privacidade" é a mellor opción. Pero só para cando "intimidade" e
> > "confidencialidade" non sexan traducións correctas, que o poden ser para
> > algúns contextos de uso de "privacy" en inglés.
>
> Ola,
> Pensándoo ben fixemos de todo menos concretar unha definición do
> concepto ou conceptos dos que estamos a falar, e é por aí onde
> teriamos que ter comezado. E despois asignar termos a cada concepto.
>
>
> Deica
>
> > 2016-02-22 21:56 GMT+01:00 Leandro Regueiro  >:
> >>
> >> O 22 febreiro 2016 21:38, Antón Méixome  escribiu:
> >> >
> >> > Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo
> >> > excepcional
> >> > de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non podo
> >> > deixar
> >> > de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis semánticos que
> >> > diferenciar:
> >> >
> >> > público//confidencial/privado/íntimo.
> >> >
> >> > Concordo absolutamente.
> >> >
> >> > http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html
> >> >
> >> >
> >> > As miñas conclusións
> >> >
> >> > ESP
> >> >
> >> > confidencialidad
> >> >  privacidad, vida privada
> >> > intimidad
> >> >
> >> > GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")
> >> >
> >> > confidencialidade
> >> > privanza, vida privada
> >> >intimidade
> >> >
> >> > Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un
> >> > préstamos
> >> > dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que
> salvaría
> >> > a
> >> > súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas
> das
> >> > leis
> >> > de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque
> >> > en
> >> > principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva
> de
> >> > datos.
> >> >
> >> > En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
> >> > confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que
> está
> >> > no
> >> > aire, sen saber que se quere dicir.
> >>
> >> Persoalmente vexo mellor «privacidade» que «privanza»
> >>
> >>
> http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=privanza
> >>
> >>
> >> Deica
> >>
> >> > O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome 
> escribiu:
> >> >>
> >> >> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
> >> >> inexistente *privacity
> >> >>
> >> >> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
> >> >>
> >> >> privacy ten dúas acepcións
> >> >>   - intimidade
> >> >>   - confidencialidade
> >> >>
> >> >> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
> >> >> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre
> >> >> persoas
> >> >> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
> >> >> "intimidade"
> >> >>
> >> >> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
> >> >> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
> >> >> 2. "intimidade bastante boa"
> >> >>
> >> >> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
> >> >>
> >> >> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy
> na
> >> >> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade
> b)
> >> >> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o
> >> >> valor
> >> >> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza,
> >> >> gobernanza,
> >> >> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
> >> >>
> >> >> En galego temos
> >> >> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
> >> >> confidencia, confidencial
> >> >> intimidade (=privanza)
> >> >>
> >> >> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos
> >> >> por
> >> >> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza
> entre
> >> >> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
> >> >>
> >> >> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na
> informática
> >> >> (privar, privado, privativo, privanza)
> >> >>
> >> >> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
> >> >> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás
> >> >> veces
> >> >> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
> >> >> *privacidade)
> >> >>
> >> >> Política de protección de datos persoais (datos privados) =
> >> >> política/norma
> >> >> de privanza = privanza
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >>
> >> >> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco 
> >> >> escribiu:
> >> >>>
> >> >>> Concordo t

Re: LTS Ubuntu 16.04

2016-02-24 Conversa Leandro Regueiro
O 22 febreiro 2016 22:50, Antón Méixome  escribiu:
> Sinxelo.
>
> Fas un documento de texto en Writer coas imaxes e todo o que se necesite e
> xa mo mandas por aquí.
>
> Eu me encargo de transformalo en artigo para web

Sendo unha LTS quizais se podería mirar de xerar un TMX. Alguén pode
xuntar os PO todos?

http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx


Deica

> O 22 febreiro 2016 22:23, Marcos Lans  escribiu:
>>
>> OK, en que formato cho tería que enviar?
>>
>> On 22/02/16 22:08, Antón Méixome wrote:
>> > Vale,
>> >
>> > Aceptarías facer a redacción dunha nova completa para cando saia a
>> > versión?
>> > Con completa quero dicir, contar as características da nova versión máis
>> > relevantes para os usuarios, falar da tradución ao galego, as ligazóns e
>> > logos correspondentes.
>> >
>> > Sería para publicar en Trasno.net, é xa unha tradición que ultimamente
>> > non fixemos porque ninguén se encargou.
>> >
>> > Porfa.
>> >
>> >
>> >
>> > O 22 febreiro 2016 20:58, Marcos Lans > > > escribiu:
>> >
>> >
>> >
>> > On 22/02/16 01:30, Antón Méixome wrote:
>> > > Vexo que a tradución da vindeira LTS de Ubuntu está bastante
>> > completa.
>> > >
>> > > Os que levades ao día a tradución en Launchpad podedes comentar se
>> > fai
>> > > falta axuda ou como vai o traballo.
>> >
>> > Pois agora mesmo coido que o que hai no Launchpad a día de hoxe está
>> > basicamente traducido. Xa non funcionan as estadísticas de tradución
>> > que
>> > facía Planella para o Desktop é iso impide levar ben a conta.
>> >
>> > > Parece que vai ser unha versión importante co tema do novo sistema
>> > de
>> > > ficheiros para xestionar volumes.
>> > >
>> > > Nota: caeron varios blogs e páxinas que falaban de Ubuntu nos dous
>> > > últimos anos e por tanto estamos aí un pouco orfos, non?
>> >
>> >
>> > >
>> > >
>> > > ___
>> > > proxecto mailing list
>> > > proxecto@trasno.net 
>> > > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>> > >
>> > ___
>> > proxecto mailing list
>> > proxecto@trasno.net 
>> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>
>
>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto