lista "ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego"

2006-07-21 Conversa Antonio Perez Casas
Boas na reunión do pasado sábado decidimos crear unha lista aberta en 
mancomun.org para debater sobre estratexías e ferramentas de tradución:


Xa está dada de alta a lista 
"ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego".

O URL para subscribirse é:
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

En principio non hai moderación das mensaxes que se enviarán, aínda que 
a subscrición si é moderada.


Si podedes invitar a persoas interesadas a maiores das de trasno estaría 
ben xa que salgo de vacacións xa mesmo e ando algo apurado. (p.e. 
Galego21, Ciberirmanadades, Edugaliza, ... )


Saúdos. Antonio.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Resultados da reunión

2006-07-17 Conversa Antonio Perez Casas

Boas Xabi,

O primeiro agradecerte o resumo, co longa que foi a reunión non é 
sinxelo, pola miña parte foi moi interesante escoitar as vosas 
aportacións, intentaremos telas en conta. Quería nion obstante facer 
algunha observación/aclaración menor ao resumo:


Xabi G. Feal wrote:
Fixen este pequeno resumo do falado na reunión entre A.Pérez Casas e algúns 
dos que asistimos dende Trasno. Imaxino que faltan cousas e algunhas outras 
non entran nunha información imparcial, pero as dúas ou tres opinións 
persoais que hai adoitan estar ben localizadas). Agradécense ampliacións e 
correccións:


- Que o compromiso polo software libre provén da Consellaría de Industria e 
Innovación e fica polo tanto atento principalmente ao desenvolvemento e 
promoción das empresas do sector tecnolóxico galego no novo campo dos 
servicios relacionados co software libre.


- Que entre as políticas puramente dirixidas ao software libre farán fincapé 
no emprego dos estándares e no apoio ao movemento colaborativo-asociativo. O 
proxecto se atopa aínda en fase inicial e, máis que a unha desatención 
voluntaria, o desentendemento con asociacións e grupos como Trasno, 
Ciberirmandades, Galego21 provén dunha precipitación inicial e de que, no 
noso caso, á administración lle resulta difícil estabelecer trato, convenios 
e iniciativas con grupos sen entidade xurídica. Rexeitáronse taxantemente 
dende un principio as tentativas que tiñan algúns dos LUGs galegos de 
realizar os traballos (de calquera índole) mediante contratación ou pago dos 
seus asociados e confíase en que sexa a comunidade de desenvolvedores por 
libre e as empresas a que faga e colabore asiduamente nos traballos 
(tradución, desenvolvemento...) que se enmarquen dentro dos mesmos obxectivos 
que a Consellaría. Non se rexeita, por outra banda, que a administración 
documente e traduza algúns proxectos de software empresariais que algunhas 
empresas galegas están dispostas a liberar nun futuro baixo licencia libre.




Non creo ter mencionado que os LUGs tiverán tentado realizar traballos 
mediante contratación cando indiquei que non me parecía adecuado que en 
xeral a relación da administración co movemento asociativo forá mediante 
contratación directa de servizos, que para iso estaban as empresas. Que 
creía posible unha relación da administración co movemento asociativo, 
pero mediante estratéxias colaboración que implicarán o fortalecemento 
do mesmo como movemento, non mudandolo a movemento empresarial.



- Non se volverá a repetir un caso como o do OpenOffice xa que non vai ser ese 
o estilo de acadar axiña resultados (discutiuse a calidade do traballo do 
OpenOffice, sobretodo no relativo ao diccionario que se adxuntou e que carece 
hoxe en día de utilidade algunha, porén a suposta sobrefinanciación séguese a 
negar a pesar das evidencias). Delegouse a responsabilidade da decisión na 
dirección do Cesga e excusouse a indefinición polo periodo de ambigüidades 
que se deu no cambio de goberno. Fíxose resaltar que a Consellaría podería, 
dende un principio, ter financiado fortemente e por vía empresarial unha 
distribución galega, unha localización completa, e todos os servicios 
relacionados cousa que evidentemente non se quixo facer. Quedou claro que non 
se van a contratar máis este tipo de servicios (pero non se falou de 
subvencións ás empresas, que imaxino estarán dentro das espectativas)




Aquí si teño que discrepar, xa que eu non fixen ningunha delegación de 
responsabilidades no CESGA, aínda que me incorporei a consellaría 
posteriormente asumo persoalmente a totalidade dos traballos que vimos 
realizando moi satisfactoriamente entre a Consellaría e o CESGA no eido 
do software libre, - tanto antes como actualmente - tan só comentei que 
o concurso público foi anterior á miña incorporación á Xunta e polo 
tanto descoñecía algúns detalles.


En canto as novas localizacións non fún tan taxante como comentas, non 
teño tanta autoridade, aínda que indiquei claramente que buscariamos na 
maioría dos traballos de localización a colaboración directa da 
comunidade do software libre e equipas de traducción voluntaria, e tamén 
que buscariamos nos traballos de novas aplicacións algunha involucración 
da comunidade de software libre, aínda que tal vez aquí sexa máis 
díficil nalgunhas ocasións. Entendendo como valor no só o producto se 
non tamén o proceso.



- Que entre os proxectos de futuro existe vontade de elaborar unha 
distribución propia (se cadra varias, por exemplo para a administración, para 
a educación, para a xestión económica ... todas con posibeis usos 
institucionais) pero que se van deixar de lado os exclusivismos. Forneceranse 
recursos na rede mediante a creación dunha "forxa" para todos os grupos que 
participen na elaboración de distribucións, na tradución, no desenvolvemento 
de aplicacións, na elaboración de conferencias, coloquios ou seminarios, e, 
en xeral, nas asociacións actuais. 

- Existe disposición de colaborar connosco para ac

Re: A reunión

2006-07-06 Conversa Antonio Perez Casas

Boas de novo,

A reunión quedaría para o sábado 15 de xullo, ás 11:00 na Residencia 
Universitaria Monte da Condesa, situada no Campus Sur da USC. Quedamos 
na entrada da Residencia e xa dende alí imos a sala que nos reservaron.


Por favor confirmar quenes asistiredes, e por suposto si fora necesario 
algún cambio desta proposta avisar o antes posible.


Unha aperta, Antonio.

mvillarino wrote:

O Xoves, 6 de Xullo de 2006 11:59, Leandro Regueiro escribiu:


E ó final como quedou todo. Eu non sei se me hei poder conectar á
Internet estes días, así que tampouco podo prometer moito. Ainda que
os meus problemas para ir serían de enterarme da data, hora e lugar
exactos..



Por agora en siléncio administrativo.





___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: A reunión

2006-06-26 Conversa Antonio Perez Casas
Pola miña parte, podería ser o sábado 15 de xullo ás 11:00, si queredes 
podo encargarme eu de buscar un local no Campus Sur da USC.


Unha aperta, Antonio.

Xabier Villar wrote:



2006/6/26, Xabi G. Feal mailto:xab...@gmx.net>>:

Iso. Como ninguén propoñe, e M.Villarino prefire a fin de semana,
¿que tal vos viría un sábado, por exemplo o 8 de Xullo?


Eu preferiría o sábado 15 de Xullo, sobre as 11 ou así, por exemplo, 
porque do 5 ó 13 non estou aquí. De tódolos xeitos, xa dixen que se eu 
non podo estar non pasa nada :)
Que cada quen propoña os días nos que lle veña ben, e á vista diso, 
decidamos cando facela :)


--

Xabier Villar




___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Conversa Antonio Perez Casas

Boas de novo,

Pola miña parte non tería problema en quedar un fin de semana, e 
tampouco teño problema polo tempo que poida durar a reunión ou o número 
de persoas que consideredes que deben estar si prefería a ser posible 
que a reunión fóra en Santiago, tampouco creo que tería excesivo 
problema en localizar un local na USC (por exemplo salón de actos dos 
colexios maiores do campus de Santiago no caso de ser a reunión un fin 
de semana). O que si pediría é que alguén propoña unha data concreta o 
antes posible non vaia a ter problemas concretos ese día, tal vez estea 
fóra de Galiza o fin de semana do 8-9?


En cantos os posibles temas gustaríame pola miña parte comentar a 
estratexia que estamos valorando para o apoio ao software libre en 
Galiza, así como escoitar as vosas opinións ou novas ideas nas que 
poidamos participar ou apoiar a Administración, en concreto comentar os 
proxectos de traducción de software que creemos necesario ter dispoñibles.


Sen entrar nalgunhas das opinións destas últimas mensaxes aclarar tan só 
que a nosa estratexia non pretende só enfocarse aos cidadáns, tamén a 
administración, as empresas, ao emprego do sector, ... e por outra parte 
polo menos eu non son dos de pedir ningún certificado de antiguedade a 
ninguén, si alguén (persoa ou empresa), polos motivos que sexa, decide 
facer algo a favor da lingua e do software libre, eu non tería ningún 
problema en colaborar con eles. Si é un recen chegado, non moi 
convencido, pode ser incluso mellor por que unha vez convencido das 
bondades do SL acabará sumando.


Unha aperta.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


é posible unha reunión?

2006-06-19 Conversa Antonio Perez Casas

Boas a todos e todas,

O primeiro presentarme, son Antonio Pérez Casas, recentemente deixei a 
Universidade de Santiago para  ir a traballar a Consellaría de 
Innovación e Industria en temas relacionados coa Sociedade da 
Información, e entre outras tarefas son un dos responsables 
(irresponsable dirán algúns) de mancomun.org, apunteime recentemente a 
lista de trasno e máis ou menos coñezo os debates da mesma.


Con respecto ás iniciativas da Consellaría até este momento podo aceptar 
e concordar que non sempre acertamos, en concreto con non ter botado 
máis tempo en explicar a iniciativa da administración polo Software 
Libre, así como non ter tido máis en conta aos diferentes grupos e 
persoas que levades anos colaborando nas traduccións e no software 
libre, en calquera caso é un desacerto non intencionado, provocado por 
un exceso de traballo e non ter tomado o tempo necesario e coa 
dificultade adicional que implica á administración o traballo con grupos 
non “formais”, por suposto ista última expresión non pretende ser unha 
escusa. Pero repito non hai ningunha intención na iniciativa en non 
colaborar con todos os que coincidan no obxectivos de potenciar o 
software libre e o software en galego, como moito desacerto no mecanismo 
para materializar está colaboración con algúns dos grupos.


O que non comparto e nego son o resto de comentarios sobre supostas 
intencións ocultas de favorecer a alguén ou menosprezar a outros, 
comprenderedes que sobre estes temas non vou a entrar, non debo ademais.


En canto a iniciativa mancomun.org pretende dinamizar o software libre 
en Galiza, - por que cremos que é moi interesante para o noso País, idea 
que recollemos no  compromiso do acordo de goberno, - pero en ningún 
caso pretende ter ningunha exclusividade sobre dito obxectivo, e 
tampouco nace como unha iniciativa pechada se non todo o contrario nace 
en construcción  a propósito para provocar todo un conxunto de debates e 
aportacións que doutro xeito descoñecería a administración, polo que 
efectivamente quedan mil ideas para desenvolver e un millón para pensar.


Na lista, creo que Miguel, falou da posibilidade de ter un contacto coa 
Consellaría , pola miña parte estaría encantado de poder quedar unha 
tarde e intentar explicar as diferentes iniciativas que estamos 
estudiando, respostar as diferentes inquedanzas que existan, e sobre 
todo buscar algunhas formas de colaboración entre a administración e os 
diferentes grupos de usuarios, -en Industria tamén incluímos ás empresas 
que aposten polo Software Libre-,  gustaríame tamén poder incluír nesa 
reunión a algunha persoa das ciberirmandades e galego21, si os parece 
adecuado poderiamos buscar unha data para finais da vindeira semana (28 
ou 29 de xuño) ou primeiros de xullo. Podemos quedar a través da lista, 
se non tamén podo coordinar coas persoas de trasno da USC que me coñecen 
ben, Moncho Flores ou Tomás Pena.


Quedo pendente das vosas respostas con respecto á posible reunión ou 
estratexias de colaboración e desculpade se non participo habitualmente 
na lista xa que actualmente ando con moitos temas simultáneos.


Unha aperta, Antonio.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno