Boas de novo,

Pola miña parte non tería problema en quedar un fin de semana, e tampouco teño problema polo tempo que poida durar a reunión ou o número de persoas que consideredes que deben estar si prefería a ser posible que a reunión fóra en Santiago, tampouco creo que tería excesivo problema en localizar un local na USC (por exemplo salón de actos dos colexios maiores do campus de Santiago no caso de ser a reunión un fin de semana). O que si pediría é que alguén propoña unha data concreta o antes posible non vaia a ter problemas concretos ese día, tal vez estea fóra de Galiza o fin de semana do 8-9?

En cantos os posibles temas gustaríame pola miña parte comentar a estratexia que estamos valorando para o apoio ao software libre en Galiza, así como escoitar as vosas opinións ou novas ideas nas que poidamos participar ou apoiar a Administración, en concreto comentar os proxectos de traducción de software que creemos necesario ter dispoñibles.

Sen entrar nalgunhas das opinións destas últimas mensaxes aclarar tan só que a nosa estratexia non pretende só enfocarse aos cidadáns, tamén a administración, as empresas, ao emprego do sector, ... e por outra parte polo menos eu non son dos de pedir ningún certificado de antiguedade a ninguén, si alguén (persoa ou empresa), polos motivos que sexa, decide facer algo a favor da lingua e do software libre, eu non tería ningún problema en colaborar con eles. Si é un recen chegado, non moi convencido, pode ser incluso mellor por que unha vez convencido das bondades do SL acabará sumando.

Unha aperta.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a