Re: [gzlinux] Re: arrincar

2000-05-27 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
a ver, antes de nada procurade non enviar nada máis á lista de gzlinux.
deixo toda a mensaxe á que respondo aínda que algunha parte non a
comento por non redireccionala.

R. Araya wrote:
 
creo que sobran comentarios ...
 
 Si, pero eu vou facer algún. Acabo de ler algo por aí de que os lingüístas
 sobran. Gracias mozos. Pero non deberiades
 despreciar axudas que poden ser útiles, mesmo se veñen dun lingüísta ou dun
 diccionario.

supoño que et refires ao que dicía eu, respondo a isto na outra.

  X')))  O de botar é triste, pero a ver se me podedes explicar o
problema con arrancar/arrincar.  ¿Non ten o mesmo senso que arrincar un
motor?  Eu o uso de cando en vez, cando iniciar me parece confuso..
 
   E que un motor non se arrinca a menos que o queiras chimpar
   fora dos palieres...
 
 Non, arríncase o coche, e no DRAG aparece tanto arrancar como arrincar.
 
  Por se non había termos confusos abondo vou decir outro. Prender.
  Prendese a televisión, a radio (o erradio ), ¿Porque non unha
  computadora/computador/ordenador?
 
 Moi ben, entón podemos tentar especializar usos. É dicir, préndese o
 ordenador,
 pero podemos falar de proceso de arrincado, é dicir, de todo o que fai o Linux
 unha vez
 prendido o ordenador. Arrincar e as súas variantes son as que estou eu a
 empregar na
 traducción / corrección da guía de instalación.
 
  Para que ninguen me diga que eso non se usa digolle que esto usase _aquí_.
 
 Moi ben, pero non sei se vos decatades todos de que deberiamos chegar a un
 consenso.
 Parece que algunha xente non se decata de que isto é un grupo de traducción /
 documentación
 orientado a usuarios inexpertos (tendo en conta o material sobre o que se está
 a traballar), e non
 hai nada que confunda máis a un usuario cá incoherencia terminolóxica. O que
 quero dicir é que
 deberiamos tentar redactar textos lingüisticamente coherentes, que é o máis
 importante. Por suposto,
 isto é un consello dun lingüísta / traductor.

hmmm, quizais, pero non creo que vaia formatear a partición raíz por que
se diga á vez arrancar ou arrincar. igual noutros casos si que habería
que poñer máis atención ...

   Como hai que dicer que en galego é arrancar?
 
 Pois así, mira o Diccionario da Academia, que para iso está.

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo man...@linuxfan.com

TraSNO- GNU/Linux en galego [http://trasno.gpul.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de GNU/Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] - GNU [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: [gzlinux] Re: arrincar

2000-05-12 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez
On Sun, 7 May 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:
 -=[ 2º carta ]=-
 
 creo que sobran comentarios ...
 
   X')))  O de botar é triste, pero a ver se me podedes explicar o
 problema con arrancar/arrincar.  ¿Non ten o mesmo senso que arrincar un
 motor?  Eu o uso de cando en vez, cando iniciar me parece confuso...
 
E que un motor non se arrinca a menos que o queiras chimpar
fora dos palieres...

Como hai que dicer que en galego é arrancar? 
Terei que ir ao ruso, italiano, francés, catalán...  :?  Co de ícone,
creo que nos estamos desfasando un pouco. Por que non ícone?
 
-- 

Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es

Re: [gzlinux] Re: arrincar

2000-05-12 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Gonzalo Gonzalez Rodriguez wrote:

 On Sun, 7 May 2000, Jesus Bravo Alvarez wrote:
  -=[ 2º carta ]=-
  
  creo que sobran comentarios ...
 
X')))  O de botar é triste, pero a ver se me podedes explicar o
  problema con arrancar/arrincar.  ¿Non ten o mesmo senso que arrincar un
  motor?  Eu o uso de cando en vez, cando iniciar me parece confuso...
 
O de botar é unha merda, a min daríame vergoña poñer iso nunha revista
nacional. ¡¡¡jo???!!!

Saudos ;-)