Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-07 Conversa Miguel Branco

 Eu merge tradúzoo coma fusión.

si, tamén valería combinar.


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-04 Conversa Leandro Regueiro
 non é que se pode recliclar traducións de trunk para
 ás anteriores? (con respecto 4.1 entendo que moitas cadeas van ser
 iguais**).

 Pois si, e hai varios métodos (á parte do msgmerge puro e duro):
 -Con Lokalize, o modo de unión (non lembro como o traducin: merge mode),
 descrito na documentación (consultar os rexistros da lista de correo).

Eu merge tradúzoo coma fusión.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


As estatísticas son traidoras

2008-09-02 Conversa mvillarino
 Atendede á progresión:

 Versión   Porcentaxe   Posto
 KDE 3.5  78%31
 KDE 4.1  99%12
 KDE 4.2  99% 4


Lamento ter que vir tirar eu a xarra de auga:

KDE4.2 99% 4 - este posto 4 non é correcto.
Nas estatísticas de stable e trunk non se reflicten os mesmos módulos,
en concreto, non aparecen nen o playground nen extragear nen koffice,
e hai outro par deles que non aparecen.
Certamente subimos __moito__ na clasificación de stable, do 17 ao 12
aprox., grazas ao pulo que lle fumos dando a kdeedu, mais hai canto
menos tres impedimentos para mellorar este posto:
1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.
2.- O anterior convinado coa táctica de tradución que empregO (nótese
a primeira persoa do singular), dado que o grande atranco é kstars, e
que sigO a política de ir desde os módulos pequenos aos grandes (o
meirande é kdeedu), resulta que kstars, do que faltan unhas 1500
cadeas por revisar/completar, recibirá moi pouco cariño durante este
1,5 mes.

2'.- A táctica que seguimos é a inversa á maioría dos equipos, que
entregan tarde e se adican maiormente a stable.

3.- O piso: teño vacacións, pero teño que porlle a tarima e pintar o
piso, polo que en realidade non terei tempo libre para adicar a isto.

En resumo: Que facer para subir na clasificación?
a) Algún voluntario para entrar en kstars (quedan mensaxes longas
pouco técnicas)?
b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.

vémonos.


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-02 Conversa mvillarino
O Martes 02 Setembro 2008 20:27, Miguel Branco escribiu:
  1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
  datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
  aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.

 um; a ver se me aclaro; isto implica que una parte importante  dos
 tradutores son os propios desenvolvedores?

Non, iso significa que en setembro-outubro hai unha chea de modificacións nos 
textos, da orden das 1K cadeas ao mes.

 non é que se pode recliclar traducións de trunk para
 ás anteriores? (con respecto 4.1 entendo que moitas cadeas van ser
 iguais**).

Pois si, e hai varios métodos (á parte do msgmerge puro e duro):
-Con Lokalize, o modo de unión (non lembro como o traducin: merge mode), 
descrito na documentación (consultar os rexistros da lista de correo).

-Con pology: hai un xeito de convinar os ficheiros de dúas versións /stable e 
trunk/ nun único ficheiro __reunido__, ese tradúcese con calquera catt, como 
kbabel, e despois faise a división nas dúas gallas, que hai que entregar como 
sempre.

 ** non o comprobei pero creo que te encargas de subir á 4.1, ou non?

Pois si, tamén o vou actualizando. Case non supón traballo.

-- 
Best regards,
MV