> Atendede á progresión:
>
> Versión       Porcentaxe       Posto
> KDE 3.5      78%                31
> KDE 4.1      99%                12
> KDE 4.2      99%                 4
>

Lamento ter que vir tirar eu a xarra de auga:

KDE4.2 99% 4 <- este posto 4 non é correcto.
Nas estatísticas de stable e trunk non se reflicten os mesmos módulos,
en concreto, non aparecen nen o playground nen extragear nen koffice,
e hai outro par deles que non aparecen.
Certamente subimos __moito__ na clasificación de stable, do 17 ao 12
aprox., grazas ao pulo que lle fumos dando a kdeedu, mais hai canto
menos tres impedimentos para mellorar este posto:
1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.
2.- O anterior convinado coa táctica de tradución que empregO (nótese
a primeira persoa do singular), dado que o grande atranco é kstars, e
que sigO a política de ir desde os módulos pequenos aos grandes (o
meirande é kdeedu), resulta que kstars, do que faltan unhas 1500
cadeas por revisar/completar, recibirá moi pouco cariño durante este
1,5 mes.

2'.- A táctica que seguimos é a inversa á maioría dos equipos, que
entregan tarde e se adican maiormente a stable.

3.- O piso: teño vacacións, pero teño que porlle a tarima e pintar o
piso, polo que en realidade non terei tempo libre para adicar a isto.

En resumo: Que facer para subir na clasificación?
a) Algún voluntario para entrar en kstars (quedan mensaxes longas
pouco técnicas)?
b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.

vémonos.

Responderlle a