novo na lista

2005-02-15 Conversa pedro silva
olas!!

levo tempo por aqui, lendo e ollando como van as cousas, e por fin me
vou meter a falar...

seica o proxecto non esta no seu mellor momento, nonsi?

pero supoño que ainda seguides facendo traduccións, non?

onte comecei a tentar aportar un pouco ó asunto: rematei o .po do
paquete amule (o primeiro da lista...)

estou empregando o kbabel para traballar... qué ferramenta/s empregades? 

bueno, xa estou presentado!
 saude!
---
Pedro Silva Franco
---
Linux Registered User #378048
---
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Ra�l Araya Tauler
Ola xentiña, son novo na lista, e case novo no mundo de Linux, pero digamos 
que nestes seis meses que levo traballando con el (na casa), foi crecendo 
no meu maxín o convencemento de que pagaron a pena os primeiros esforzos 
necesarios para conseguir que funcionase todo ó meu gusto. Nestes momentos 
teño instalado a RedHat 6.1, con gnome, e como vin na páxina da lista, 
seica andades a traduci-los programas. Creo que xa é tempo chegado de 
contribuír eu tamén a este sistema que tanto me vai gustando cada día.


Non sei ben cal é o procedemento que seguides para as traduccións dos 
programas, de tódolos xeitos, creo que podo axudar, xa que son traductor e 
intérprete licenciado pola Universidade de Vigo, de inglés e francés ó 
galego. Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia 
tampouco me falta, así que se sodes tan amables de explicarme un pouco a 
vosa metodoloxía de traballo, estarei encantado de colaborar convosco.


Un saúdo.
Raúl Araya Tauler
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Thu  3 Feb 2000 14:41:54 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

 Ola xentiña,

 Ola, Raúl; disque eu son o coordinador do proxecto de traducción do GPUL,
así que supoño que me toca darche a benvida :-))


 ¡Benvido! :D

 Non sei ben cal é o procedemento que seguides para as traduccións dos 
 programas, de tódolos xeitos, creo que podo axudar, xa que son traductor e 
 intérprete licenciado pola Universidade de Vigo, de inglés e francés ó 
 galego.

 O sistema que adoitamos usar é: un ten ganas de traducir algo, entón
pide un paquete para ir traducindo, e cando o remata, envíamo ou xa o sobe
no CVS (se ten conta no CVS) :-))

 Os ficheiros para traducir e os xa traducidos están en
http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/ ; os xa traducidos teñen extensión .PO,
e os por traducir levan .POT

 Para traducilos hai que seguir un certo formato, que se supón máis ou menos
intuitivo... de tódolos xeitos, se cadra prefiras, alomenos ao principio,
revisa-los ficheiros .PO (xa traducidos) ou simplemente prestarnos axuda
coas palabras coas que non saibamos que facer; pouca axuda é moita :-)

 Ou se queres facer outras cousas; hai xente traducindo documentación:
páxinas man e manuais, así que se cadra é o que prefires facer; tamén hai
(ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
corrector ortográfico ispell... ou se queres propor algo distinto.

 Se levas na lista un pouco tempo, se cadra xa liches algo sobre Conectiva;
é unha empresa brasileira que quere pór a venda en España distribucións en
tódolos idiomas oficiais da península, e, como é natural, precisan de
traduccións, entre elas as que estamos a facer :-) Nós seguimos a face-las
nosas, pero como precisan algunhas con urxencia, están dispostos a paga-lo
traballo que se faga... máis información, na lista :-)

 Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia 
 tampouco me falta,

 ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
(General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
utilizable, non sei se me entendes... :-)

 Ben, non dubides en seguir escribindo por aquí :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Ra�l Araya Tauler

At 15:56 03/02/00 +0100, you wrote:

O Thu  3 Feb 2000 14:41:54 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

 Ola xentiña,

 Ola, Raúl; disque eu son o coordinador do proxecto de traducción do GPUL,
así que supoño que me toca darche a benvida :-))


 ¡Benvido! :D


Gracias


 Os ficheiros para traducir e os xa traducidos están en
http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/ ; os xa traducidos teñen extensión .PO,
e os por traducir levan .POT
 Para traducilos hai que seguir un certo formato, que se supón máis ou menos
intuitivo... de tódolos xeitos, se cadra prefiras, alomenos ao principio,
revisa-los ficheiros .PO (xa traducidos) ou simplemente prestarnos axuda
coas palabras coas que non saibamos que facer; pouca axuda é moita :-)


Dacordo, creo que empezarei por ve-los PO, para ir facéndome unha idea de 
como vai o tema.



 Ou se queres facer outras cousas; hai xente traducindo documentación:
páxinas man e manuais, así que se cadra é o que prefires facer;


Xa me puxen en contacto coa xente que se dedica á traducción da 
documentación (os de gzLinux), pero de momento non contestaron. De tódolos 
xeitos creo que a eles tampouco lles vén mal unha axudiña na revisión, polo 
pouco que vin de vez en cando escápalles algún erro, e é unha mágoa.



tamén hai (ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
corrector ortográfico ispell... ou se queres propor algo distinto.


Canto o i-spell, coñezo un profesor desta facultade que está a traballar 
niso, e tal vez eu retome o seu traballo, de tódolos xeitos estou esperando 
por el para que me amose o que xa ten feito para ver de onde parto eu.



 Se levas na lista un pouco tempo, se cadra xa liches algo sobre Conectiva;
é unha empresa brasileira que quere pór a venda en España distribucións en
tódolos idiomas oficiais da península, e, como é natural, precisan de
traduccións, entre elas as que estamos a facer :-) Nós seguimos a face-las
nosas, pero como precisan algunhas con urxencia, están dispostos a paga-lo
traballo que se faga... máis información, na lista :-)


Que interesante. Non estaría mal... Mirarei na páxina deles. Teño oído 
falar moi ben da súa distribución, non só no ámbito galego, senón tamén en 
revistas especializadas sobre linux que se publican en español.




 Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia
 tampouco me falta,

 ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
(General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
utilizable, non sei se me entendes... :-)


Je, pois verás, traductor xurado non son. É un pouco complicado de 
explica-lo procedemento para chegar ser traductor xurado. Digamos que os 
que van por castelán, só teñen que pedilo no Ministerio de Xustiza ou 
Exteriores (non lembro agora cal), e xa lles dan o certificado se demostran 
que cursaron unha serie de materias sobre dereito, economía e pouco máis. 
No caso dos que van por galego (o meu caso), teoricamente é a Xunta de 
Galicia quen se encarga (creo que a través de Política Lingüística), non 
sei o que opinades por estes lares da Xunta, pero neste tema son leeentos, 
quero dicir, que non hai unha validación automática habilitada por parte da 
Xunta como hai para os de castelán. De tódolos xeitos, teño tódalas 
materias de dereito, economía e traducción xurídica cursadas, así que... 
vós decidides.


Un saúdo, e ata outra.
Raúl Araya

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Thu  3 Feb 2000 16:46:31 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

 xeitos creo que a eles tampouco lles vén mal unha axudiña na revisión,
 polo pouco que vin de vez en cando escápalles algún erro, e é unha mágoa.

 É, certamente :-)

 tamén hai (ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
 corrector ortográfico ispell... ou se queres propor algo distinto.
 Canto o i-spell, coñezo un profesor desta facultade que está a traballar 
 niso, e tal vez eu retome o seu traballo, de tódolos xeitos estou esperando 
 por el para que me amose o que xa ten feito para ver de onde parto eu.

 Ese proxecto ten moito interese :-) Xa recibín correos de moita xente da
uvigo sobre ese tema :-))

 Je, pois verás, traductor xurado non son. É un pouco complicado de 
 explica-lo procedemento para chegar ser traductor xurado.

 Que pena ;-) Non, a cousa era porque é discutible se é válida ou non a GPL,
estando en inglés... se se tivera unha versión en galego que fora
recoñecida coma traducción válida da orixinal, poderíanse evitar posibles
futuros problemas :-)

 Ademáis do interese que tería unha traducción boa da GPL, xa, de por si :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
  Xa teño algunha traducción por aí publicada, así que experiencia
  tampouco me falta,
 
  ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
 (General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
 utilizable, non sei se me entendes... :-)

isto é certo ou sacáchelo da manga? xDDD é válida unha tradcucción
da GPL?

  Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@futura.interbook.net

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me  C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Thu  3 Feb 2000 19:14:55 +0100, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

   ¿Non serás traductor xurado? :-) Porque dese xeito, podías traduci-la GPL
  (General Public Licence), e así asegurármonos de que a traducción é
  utilizable, non sei se me entendes... :-)
 isto é certo ou sacáchelo da manga? xDDD é válida unha tradcucción
 da GPL?

 Home, por poder pode ser tan válida coma unha licencia que fagamos nós ou o
noso avogado :-) Outra cousa é que á FSF lle pareza válida :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Novo na lista.

2000-02-06 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Ramon Flores Seijas wrote:
 
 On Thu, 3 Feb 2000, Jacobo Tarrio wrote:
 
 
   Que pena ;-) Non, a cousa era porque é discutible se é válida ou non a GPL,
  estando en inglés... se se tivera unha versión en galego que fora
  recoñecida coma traducción válida da orixinal, poderíanse evitar posibles
  futuros problemas :-)
 
 A FSF non recoñece como válida nengunha tradución, por mui ben feita que
 estexa. E teño entendido que non pensan variar a sua postura.
 
 The reason the FSF does not approve these translations as officially valid
 is that checking them would be difficult and expensive (needing the help
 of bilingual lawyers in other countries). Even worse, if an error did slip
 through, the results could be disastrous for the whole free software
 community. As long as the translations are unofficial, they can't do any
 harm, and we hope they help more people understand the GPL.
 
 Bye

xa dicía eu ... sóname ler isto mesmo ou algo semellante. de todos os
xeitos, nós coa documentación, decidimos metela traducida cando sexa o
caso para dar unha idea, pero advertindo clara e repetidamente do que
hai ...
 
 **
 *
 Ramon Flores*Un saudo para o
 Escola de Optica e Optometria   *staff da CIA, que
 Universidade de Santiago*me estara a ler
 Santiago. Galiza.   *
 *
 **


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@futura.interbook.net

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me  C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Son novo na lista...

1999-11-12 Conversa Alejandro Riveira Fernandez
Son novo na lista e tamen nas tarefas de traduccion
asi é que preciso alguns consellos. Xa lin un pouco por riba
a documentación do paquete gettext (espero telo escrito ben)
e supoño que o unico que preciso é un arquivo *.po e comenzala
tarefa. Se tedes algunha suxerencia... aquí estou.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe