algo de todo

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
olá:

creo que é interesante que falemos tamén do resto das cousas, xa que
estamos algo atascados co nome. hai cousas que hai que tratar
necesariamente antes de comezar co novo proxecto, entón a ver se o
facemos xa para non retrasar máis todo isto.

nunha reunión en persoa pódese dicir aquelo de el que calla otorga,
pero aquí non contestar pode significar tamén que a persoa non leu algo
do que se dixo.

tamén hai que contar coa xente que non está nesta lista; se ben é certo
que o non estar indica que non lles interesa moito, tamén o é que terán
algo que dicir sobre todo isto. por iso creo que hai que ir informando
(=resumindo) o que se trata aquí nas outras listas.

e sobre falar doutras cousas refírome por exemplo, á estructura das
páxinas; á cantidade e estructuración das listas de crreo (por certo, en
SF non hai restriccións neste senso non?), e esas cousas. non pode
aterrar un coordinador en SF e poñerse a facer as cousas como lle pete,
digo eu.

eu sobre as páxinas teño que dicir que me gustan (para iso asesorei á
Jesús na súa creación xDDD) e que haberá que cambiar algunhas cousas
menores, que non afecten á estructura xeral. por exemplo escoller un
sistema para os distintos formatos dos documentos.

sobre as listas, creo que nun principio só tería que haber unha por
separado para mensaxes de aviso dos robots; aparte da outra na que
estaremos tod@s.

sobre as normas; creo que máis ou menos todo o que s dixo foron sobre
malentendidos/aclaracións/recomendacións.

sobre o noso servidor parece que xa está todo decidido.

e non falta nada máis non?


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com



Re: algo de todo

2000-04-08 Conversa Jacobo Tarrio
O Tue  4 Apr 2000 19:56:47 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

 páxinas; á cantidade e estructuración das listas de crreo (por certo, en
 SF non hai restriccións neste senso non?),

 Creo que non.

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna