Acábase de celebrar a reunión do "LoCo Council", e o resultado foi un
pouco agridoce:
* Din que imos en bo camiño, especialmente polo traballo do grupo de
tradución :-)
* Pero non nos aproban como equipo oficial :-( porque:
o a solicitude tería que ser máis detallada (mea culpa, para a
próxima serao)
o non hai infraestrutura con contido (foro, lista de correo, IRC).
+ Fixen a solicitude hai xa tres semanas.
# Onte xa insistín no IRC e en teoría xa
contactaron co responsable para que active o
foro (pero sigo esperando....)
# O responsable das listas de correo quedou de que
me contestaría esta semana... así que estou
esperando...
Como consello indican que se creen as estruturas e que en tres meses se
repita a solicitude.
É dicir, o LoCo pódese crear igualmente, pero falta o "selo de calidade"
(que non teño claro que aporta exactamente: supoño que un acceso máis
sinxelo a paquetes de CDs, marketing oficial, novos recursos, etc.)
Un saúdo.
Felipe.
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl