Boas,
Por fin tiven tempo para montar unha páxina que poda servir de xerme
para o LoCo Team: http://ubuntuengalego.org
A miña intención é que o LoCo sirva de paraugas para conseguir material
oficial de Ubuntu/Canonical e para dar soporte e infraestrutura a todos
os grupos que utilicen Ubuntu nalgunha das súas actividades
(installfests, cursos, etc.)
Polo tanto, o LoCo debería ser unha estrutura de apoio (ou simplemente
unha ferramenta) para grupos e institucións que xa existen (LUGS,
Oficinas de Software Libre, nós mesmos, etc.). Nese sentido, o ideal
sería que todos aqueles grupos que estivesen interesados tivesen un
representante no "consello do LoCo", que sería o "órgano de goberno".
¿Que opinades?
Saúdos.
Felipe.
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl