Boas: Antón Méixome escribiu: > Pois, coma min, supoño que por asociación con "a calculadora" = a > computadora. Ademais ata o 2003 polo menos a RAG tamén o poñía como > feminino. > > computadora s.f. Aparello electrónico cunha memoria de gran > capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, > clasificación, etc., para as cales está programado. Está aprendendo a > traballar con computadoras. SIN. ordenador. CF. cerebro. > > En todo caso as fontes normativas están entre o masculino e o feminino. > > Hoxe en día, non o podo afirmar rotundamente, supoño que por > harmonización co portugués (4º principio das Normas) estase impoñendo > a consideración como masculino. Por que masculino, pois porque se fai > como noutros moitos casos cos substantivos ingleses, adoptan o > masculino ou o feminino segundo o xenérico que na lingua receptora > mellor se acomoda > > Aparello para computación > o aparello > o computador > > As vacilacións no vocabulario son normais e duran o que unha gripe. > Parecen graves e dan dores de cabeza pero axiña pasan e se esquecen. > > cd meu_cerebro rm computadora cp \rolda\computador computador
Listo! a partir de agora computador. ;-) > > 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>: >>> Boas >>> Eu tamén adoito empregar computadora. Non sei porque? >> Ídem >> >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl