Boas, xente, Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes), pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde aparente, as seguintes:
- O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa isto? - Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen. Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1] Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis? [1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448 . OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal, podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje) - No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto. - Non recordo se vin algo máis. Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas. Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na instalación básica ben afinado... Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale? Ta loguiño, -- Saúde, Chaves - http://chav.es -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl