2009/10/22, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Lets go!
>
> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>> Boas, xente,
>>
>> Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha
>> serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes),
>> pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde
>> aparente, as seguintes:
>>
>> - O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e
>> ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da
>> tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa
>> isto?
> Coméntoche iso sacáronllo seica porque metía ruido...!!!
>>
>> - Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen.
>> Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1]
>> Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo
>> deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis?
>> [1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448
>>
> A min vaime perfecta (xa sei a tipica escusa... ao mellor baixoche un
> índice mal e petou...)

Non sei, xa digo. Tratei de arrancar update-manager dende o menú,
petoume tres ou catro veces, "entroume o pánico", busquei algo por aí
e puxen o bug. Dalí a un pouco, despois de facer o "aptitude..." xa
funcionaba... Non sei que pasou, pero se lle pasa a máis xente, pode
ser unha jodienda...

>> . OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que
>> había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal,
>> podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores
>> como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente
>> non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara
>> nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje)
>>
> Teñoo en galego, simplemente tes que activar en configuracións de idioma
>  instalar/eliminar idiomas -> galego activando axudas de correccion
> ortográfica e escrita.
>

É curioso, nada máis entrar no de "Configuración de idioma" xa me dixo
que faltaban cousas, e está a instalalas. No medio van os
language-packs de OOo e todo iso. É unha putada que non instale estes
paquetes que faltan xunto coas actualizacións normais...


> Todo funcionando. Lembra que podes tirar do meu repo para instalar o
> golfinho e mais as language tools
>> - No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de
>> servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se
>> traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome
>> dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto.
>>
>> - Non recordo se vin algo máis.
>>
>> Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se
>> cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas.
>>
>
>> Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes
>> da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na
>> instalación básica ben afinado...
> Respecto ás traduzóns... boas novas, dixeronme no irc de ubuntu+1 que
> van a exportalas hoxe
> Sempre agardan unhas horas (dígase 1hora...48horas) ata que se
> estabilicen os erros da release)
>>
>> Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale?
>>
> Non salpiques!
>
> Saúdos
>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrgxccACgkQmLtmJqKk+bipiQCbBCTYFxTte44k9ZvovlPopxq3
> 9hYAn18xeUCgeQ6DhC/uS/nVrXVy9lnF
> =ELZL
> -----END PGP SIGNATURE-----
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a