>>>> Témome que corremos o risco de dispersarnos moito e Trasno necesita un >>>> lavado de cara e fondos total. Por que non facer que unha SECCIÓN (así >>>> grandota e moi singular) do web de Trasno sexa www.ubuntuengalego.org. >>>> Vamos, que cheguemos a ela tanto con trasno.net/ubuntu como ao revés >>>> "Trasno sostén o portal ubuntuengalego.org". Vamos, que o GTT é un >>>> proxecto, coa súa personalidade, pero apoiado por Trasno e compartir >>>> recursos... (non seriamos os primeiros, creo un dos grupos de español >>>> está sostido por unha asociación. >> >> Eu véxoo no que respecta á tradución de Ubuntu ao galego, é dicir, >> paréceme perfecto que www.ubuntuengalego.org/traducir e >> trasno.net/ubuntu, apunten ao mesmo sitio. >> >> Non obstante, creo que o LoCo en si non debería estar ligado tan >> estreitamente a Trasno (para facelo neutral e para que outros >> grupos/asociacións se unan). > > Concordo claro, isto é o que eu pretendo, que os recursos humanos de > localización non se perdan. Efectivamente o LoCo ten outros > obxectivos, apoio, trucos, etc que deben ter unha comunidade > diferente.
Concordo. Sería interesante que os tradutores de GTT teñan contacto cos demais tradutores ao galego de SL, e sobre todo con Trasno (por estar boa parte deles). Entendo que o LOCO Team ten outros fins diferentes á tradución, aínda que se non entendín mal apoian a tradución. Ata logo, Leandro Regueiro -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl