2010/2/23 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

> Pois comezamos a conta atrás... aínda que falten dous meses, así non
> teremos
> tanto traballo xunto.
>
> Logo de instalar nunha VM a nova lucid e actualizala, mentres escribo isto
> atopo os seguintes problemiñas.
>
> Computer Janitor, totalmente sen traducir.
> Personal file sharing, totalmente sen traducir. supoño que na
> sincronización
> con gnome solucionarase, isto é o paquete gnome-user-share
> gbrainy, xa completei tanto o aplicativo como a documentación do mesmo, na
> seguinte sincronización de gnome está solucionado.
>
> Erros nas entradas do menú aplicativos:
> Pitivi video editor, aparece sen traducir, o aplicativo sí está traducido.
> Firefox web browser, máis do mesmo que o anterior...


O de FF é para darlle de comer aparte, menuda cousa noxenta fixeron con el,
ademáis de estar traducido a algo que podería ser galego á portuguesa,
retoman cousas como "plugin", "soporte técnico", mesturan na mesma liña,
explorador e navegador, mesaxe en masculino,  ...

A ver se Keko remata a tradución (se non da feito que pida axuda) e ademáis
facemos un .xpi para quen queira telo en galego no canto de en castrapo
aportuguesado.

de todas formas segue
> aparecendo o de Colar. Isto é un punto serio coñezo xa a bastante xente que
> rexeita empregar o firefox por esa tradución o que me obriga a poñerllo en
> castelán.. unha mágoa.
>
> Irei actualizando e comprobando as livecds con Test Drive:
> https://edge.launchpad.net/testdrive
>
> Buriños
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a