Miguel Bouzada escrebeu: > > O de FF é para darlle de comer aparte, menuda cousa noxenta fixeron con el, > ademáis de estar traducido a algo que podería ser galego á portuguesa, > retoman cousas como "plugin", "soporte técnico", mesturan na mesma liña, > explorador e navegador, mesaxe en masculino, ... > > A ver se Keko remata a tradución (se non da feito que pida axuda) e ademáis > facemos un .xpi para quen queira telo en galego no canto de en castrapo > aportuguesado. >
Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais. Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por parte nosa para resolver calquera posibel incidencia. Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade que debería permanecer sempre unida. Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a candidatarse con só avisar na rolda oficial: galic...@mozdev.org Saúdos, [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html -- http://susinho.pagina.de/ -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl