Boas:

En 2010/05/03 19:39, Miguel Bouzada escribiu:
> A min gustame discutir, pero por esta vez non o vou a facer.
>
> Empreguemos os termos que empregan os tipografos galegos e non inventemos
> nin lusicemos.
Uff!! Se empregásemos ese criterio, moito do que se traduce sería de 
outro xeito moi, moi distinto.
Exemplos... empreguemos conexo, no canto de coello porque a maioría dos 
cunicultores din conexo. Usemos "gracias" porque o 99% da xente di 
gracias...
Na miña opinión a tradución ten que ir máis aló e ten que facer tamén 
didáctica e o que está claro é que "negrita" ou "negra" para min, non 
ven a conto para indicar que a letra (ou fonte, ou como lle queiras 
chamar) se vai por máis grosa. E si, grosa ten máis significados que o 
de "doce ducias" e un deles é precisamente este o cal se adapta moi ben.

>
> Non usan nin grosa nin inclinada .
>
> A cursiva é outra cousa (semella manuscrita)

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a