> Ola outra vez, son alamfer (Alberto Lamela). > > Quero preguntarvos qué pensades das traducións feitas na máquina de cada un > para logo subilas a launchpad. > Despois de estar probando esta semana, vexo que as veces hai problemas para > subilas, e o que é peor, podemos estar a traballar varias persoas nas mesmas > cadeas sen decatarnos. > > Eu pregunto: > 1. Hai algunha forma de evitar isto?
Avisar na rolda por exemplo. > 2. Pódese descargar tan só as cadeas non traducidas? > 3. Cal pensades que é mellor forma de traducir: launchpad ou as ferramentas > CAT para subir logo os ficheiros? Na miña humilde opinión é mellor traballar con ferramentas CAT en local, e enviando os ficheiros principalmente aos proxectos orixinais, que xa collen dende alí despois os de Launchpad. Iso non quita que tamén nós o poidamos subir a Launchpad. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl