Sen dúbida usar ferramentas CAT en local é moito mellor para incrementar o nivel das localizacións.
Eu recomendaríache que antes de poñerte a traducir en Launchpad miraras se ese ficheiro pertence a un proxecto superior. P.ex. se queres traducir empathy ou completalo podes ver que pertence ao proxecto GNOME (do que eu son o coordinador) e alí poden orientarche cal é a mellor forma de traducir. Sen dúbida que teñas predisposición para traducir en local xa di de ti que non es un principiante e que coñeces o ámbito no que te moves. Calquera pregunta estamos por aquí -- Fran Diéguez fran.dieg...@ubuntu.com http://launchpad.net/~frandieguez O Mér, 05-05-2010 ás 15:13 +0200, Leandro Regueiro escribiu: > > Ola outra vez, son alamfer (Alberto Lamela). > > > > Quero preguntarvos qué pensades das traducións feitas na máquina de cada un > > para logo subilas a launchpad. > > Despois de estar probando esta semana, vexo que as veces hai problemas para > > subilas, e o que é peor, podemos estar a traballar varias persoas nas mesmas > > cadeas sen decatarnos. > > > > Eu pregunto: > > 1. Hai algunha forma de evitar isto? > > Avisar na rolda por exemplo. > > > 2. Pódese descargar tan só as cadeas non traducidas? > > 3. Cal pensades que é mellor forma de traducir: launchpad ou as ferramentas > > CAT para subir logo os ficheiros? > > Na miña humilde opinión é mellor traballar con ferramentas CAT en > local, e enviando os ficheiros principalmente aos proxectos orixinais, > que xa collen dende alí despois os de Launchpad. Iso non quita que > tamén nós o poidamos subir a Launchpad. > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl