Ola, Paréceme que a discusión sobre a terminoloxía é moi interesante, mais, porén, supoño que tamén será difícil acadar un consenso unánime. Non obstante, tentarei recopilar unha lista de todos os termos específicos como comentaba Antón baseándome nas traducións xa feitas e aceptadas.
Por outra parte, preocúpame a utilidade da tradución polo escepticismo mostrado neste fío. Con todo, penso que adicarei o tempo libre que teña a súa tradución (non sei canto vou poder adicar). Fareivos chegar a lista ca terminoloxía en canto a teña para que a poidamos discutir. Grazas polo voso tempo e polos vosos consellos. Saúdos, -- Marcos Horro PhD Candidate University of A Coruña (UDC) http://gac.udc.es/~horro ----- Mensaxe orixinal ----- De: "Antón Méixome" <cert...@certima.net> Para: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" <ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com> Correo enviado: Xoves, 22 de Febreiro de 2018 10:09:27 PM Asunto: [Tradutores-Ubuntu] Fwd: Aplicativo git ---------- Mensaxe reenviada ---------- De: Antón Méixome <cert...@certima.net> Data: 22:06 do 22 de febreiro de 2018 Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git Para: List for coordination of Ubuntu Galician translation team < ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com> Ola, Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a documentación, manuais, etc. Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a conveniencia de traducir. En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de Mancomún estaba traducida e algún máis. Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente. Que vos parece? E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de, dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ... Un saúdo, Antón Méixome -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl