Quero engadir ao dito, e poñendo o contexto a esta manipulación:

"A autoxestión e a independencia coa que nace G11n.net é un xeito de
asegurar a supervivencia da súa actividade, "con independencia do que 
fagan os gobernos", explica Suso Baleato. "Aínda que prohibisen o 
galego, o noso traballo seguiría existindo, é unha iniciativa privada". 
A infraestrutura xa está montada e o traballo previo preservado. Agora 
só queda que a comunidade de tradución faga uso desa plataforma que, á 
súa vez, recabe o apoio de máis persoas voluntarias."

Infraestructura, señores, infraestructura. E autoxestión, e "será o que 
a xente quera". En base a unhas preguntas e respostas, A REDACCIÓN FANA 
OS PERIODISTAS, NON OS ENTREVISTADOS.

Tamén din: "Sorprendendeunos a falta de mobilización dos grupos de 
tradución", asegura Prieto.

Aseguro (creredes ou non), de que mencionei como parte da reacción a 
carta postal á secretaria xeral e a creación da asociación de Trasno. 
Mais, novamente, a redacción fana os periodistas.

Mais:

"Baleato considera que o papel de Mancomún no referente á tradución de 
software "xa é un peso morto", e que xa está cumprido".

Eu levo tempo dicindo o mesmo, pero con outras palabras: o PP non aposta 
polo SwL, e moito menos polo galego; así que van deixar morrer mancomún 
por inanición. E tamén dixen sempre que o mancomún de dentro de dous 
anos, nada terá que ver co actual: non pasará de ser un web de novas. 
Ese é o convencemento que nos levou a algunha xente a poñer en marcha 
unha alternativa autoxestionada posta a disposición dos individuos e 
colectivos que queran facer uso dela.


Suso Baleato escribiu:
> Boas,
> 
> Hoxe entérome de que traducín Ubuntu; igual mañá esperto descubrindo 
> que traducín tamén o Windows Vista... en fin.
> 
> Para que non haxa dúbida nengunha: confirmar que o tema Ubuntu eu nin o
> mencionei na entrevista que me fixeron, alén de que eu sempre recoñezo
> explícitamente as contribucións a quen as fai, e para mostra un botón da
> última:
> 
> http://www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=106392
> 
> Desde logo queda claro que o aspecto da comunicación é algo que temos que
> mellorar nos proxectos de software libre; se estas cousas pasan con Ubuntu,
> que é coñecido, non quero imaxinar o que pode pasar coas ducias de pequenos
> proxectos que hai por ahí... tamén queda claro que hai determinadas personas
> dispostas a intoxicar difundindo mentiras e bulos e como este: ese tipo de
> actitudes destructivas só sirven para crear confusión e dividir á comunidade.
> 
> Alá cada quen coa súa conciencia e co seu karma; pero que ninguén pretenda
> facerme responsabel do que escreba un xornalista sobre min ou sobre os
> proxectos nos que eu colaboro, como é o caso de g11n.net.
> 
> Saúdos,
> 
> 
> 
> Frco. Javier Rial escrebeu:
>> Eu vistos os últimos acontecementos, lamentablemente xa mo esperaba.
>>
>> Creo que a partires de agora, adicareime a traducir pequenos proxectos nos
>> que non teña que depender de ninguén.
>>
>> 2009/10/28 Fran Dieguez <listas en mabishu.com>
>>
>>> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
>>> Hash: SHA1
>>>
>>> Frco. Javier Rial escribiu:
>>>>> Xa vemos que esa plataforma está pensada para seguir a usurpar o
>>> traballo
>>>>> da
>>>>> comunidade, como xa fixera noutrora
>>>>>
>>>> +1.000.000
>>> Manda carallo!! Ousexa que as horas que me tirei eu traducindo,
>>> corrixindo e resolvendo bugs para que se leve o mérito outra persoa.
>>>
>>> Moi ben, moi ben tereino en conta. Xa en principio pido unha
>>> rectificación de tal diario.
>>>
>>> - --
>>> Fran Diéguez


-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a