Miguel Bouzada escreveu o 29/10/09 10:21:

> É a segunda vez que nas listas citas esa sorpresa, por outra banda, 
> cando os periodistas citan exactamente eso mesmo que afirmas, negas ter 
> dito nada parecido, que é unha invención/deducción dos periodistas.

A sorpresa é cousa de vello na que se incidiu xa hai moito tempo. A 
resposta foi que hai moitos xeitos de loitar, facendo referencia tamén á 
famosa "carta aberta á Xunta", unha carta que nin obtivo resposta nin 
reacción e que, aínda, onde foi parar? pois agora mesmo "despareceu" por 
arte de maxia como se nunca tivesse existido.

Evidentemente, cada quen ten os seus xeitos de traballar pero está claro 
que, se no futuro se buscan constancia dos movementos sociais a prol do 
software ceibe na Galiza co tema do desmantelamento de Mancomún uns 
aparecerán e outros non. E dito isto, que é a realidade, o que tamén hai 
que dicir é que pouco importa se ao remate as cousas saen ben (ogallá), 
pois as reclamaciós non se fan para tirar réditos, ou polo menos eu así 
o considero.

> Esas famosas xuntanzas... convocadas dun día para outro, sabendo que os 
> voluntario da tradución son estudantes ou traballadores que non poden 
> dispor de tempo dun día para outro, menos ainda un día entre seman.

Ben, concedéndoche a razón: onde están as alternativas que se 
propuxeron? Ningunha, non é?

> Supoño que este é un punto básico, insistides nunha liña iniciada por 
> vos de desprestixiar a constitución de Trasno en Asociación, insistindo 
> en que non foi aberta á comunidade, cousa curiosa vindo de alguén que 
> inicia a súa "plataforma" non dando chance a participación da xente ao 
> convocala en tempo e plazo non doado, sabedores de que iso é 
> fundamentas. Poderiamos reler as roldas nas que se falou de xuntanzas de 
> g11n nas que o enton coordenador de mancomún facía enfase en facelo en 
> fin de semana para que poidera asistir a xente. Porqué mudou ese 
> criterio? sería porque tiña medo a que asistiran criticos? a dúbida está 
> ahí.

Nunca se desprestixiou, e mesmo se citou en moitas ocasiós cando, no 
caso de actuar de mala fe, tiríase obviado.

Trasno é un pilar importantísimo da comunidade de tradución ao galego e 
como tal ten que actuar, pero non é imprecindíbel como non o é a CIF nin 
ninguén dos que estamos participando, e iso deberíamos tilo todos e 
todas moi claro. Se non estamos nós están outros, e se as escolas de 
idiomas ou as faculdades de filoloxía, e informática queren artellar 
unha rede de tradución independente sería tan boa ou millor que a que hai.

> Pero indo máis alá, a acusación de proceso pechado que tanto facedes, 
> ven de xente que está nas listas de trasno, polo tanto perfectamente 
> informada do proceso, Vostede mesmo recoñece nestas liñas « 
> ...materializado na creación da asociación de trasno (inda que ben sei 
> que eso era un proxecto anterior).»

Hai moitas formas de fecharse á comunidade, non só fechar a porta senón 
tamén criar uns círculos "sociais" determinados que desencoraxan o 
acceso. Trasno, con certas actitudes está a facelo así, e perdoa pola 
crítica, mais digo o que vexo.

> Cando se parte de iniciar un proxecto artellando as xuntanzas de xeito 
> que os demáis actores non poidan participar, dificil vexo que non se nos 
> poña a mosca tras a ourella.
> Se ademáis esa convocatoria parte da base da afirmación feita por un dos 
> seus promotores, que en roman palatino só se pode ler como "eu coordeno 
> e vos, se queredes, vide ao meu rego", non é estrano que a mosca na 
> orella comeze a zumbar.
> Engadindolle a iso que de ese "coordenador" xa dixen hai moito tempo que 
> o único que el fixo pola tradución foi colocarse as medallas do traballo 
> feito pola comunidade, pois o zumbar da mosca, fai que esta se convirta 
> en "cojonera".

Perdoa, pero iso mesmo do que te queixas é o que se pode dicir de 
Trasno, cunha diferenza: o proceso para a constitución da g11n 
anunciouse nas roldas de xeito público, o de Trasno foise levando na súa 
propia rolda.

Non é unha crítica, é simplemente indicar que as cousas pódense ver 
dende varios puntos de vista e ás veces paga a pena poñer no sitio do outro.

> Respecto do que se dí un chisco máis arriba "facerse co mercado" 
> probablemente as CIF (eu así o creo) sexan sinceiras cando fan esa 
> aseveración, pero iso non é extensivo a "NInguén dos que estamos 
> detras..." A Historia é boa mestra e acontece que hai quen o único que 
> fixo sempre foi precisamente iso, boa proba é o artigo de prensa que da 
> pé a este intercambio. Certo que os periodistas redactan ao seu xeito e 
> que buscan como dicir as cousas conforme, normalmete ós seus sectarios 
> intereses ou o que a súa corta perspectiva lle deixa ver, pero é curioso 
> que ese "desinformado" periodista soubera con tanta precisión da saída 
> da proxina v. de Ubuntu e que fose quen de facelo coincidir na súa 
> redacción como obra da "plataforma". Os que hai anos que observamos en 
> detalle o traballo de certo individuo sabemos, temos a certeza máis 
> absoluta de que esa foi unha "información dirixida".

O periodismo éche moi revirado, e das informaciós que se dean pódense 
agardar calquer tipo de redacciós e relaciós... non vexo ben comezar 
coas liortas polo "que dixo que lle dixeran".

> É agora unha declaración persoal, allea a calquera dos meus roles no 
> eido do S.L. e que cadaquén a interprete como queira, se se fai unha 
> letura excluinte benvida sexa, así terei claro que quen a faga tamen é 
> excluinte.
> Coas CIF, si, Con que só sabe abandeirarse no traballo alleo, ou sexa, 
> con Suso Baleato, NON

Non estamos en condiciós de andar con personalismos, nin de excluir a 
ninguén. Estamos todos e todas nun mesmo plano e logo o traballo de cada 
quen vai ser o que decida.

Ti non existes, eu non existo, existe unha comunidade de galeguización 
da que somos un pequeno grao e á que debemos axudar.


Unha aperta.
-- 
  José António Cidre Bardelás (Medúlio)

  CiberIrmandade da Fala
   http://www.ciberirmandade.org

Responderlle a