Fran Dieguez escrebeu:
> 
> Vexo necesidades específicas para saír de este bache:
> 
> 1) Vexo necesario poñer as cartas sobre a mesa, isto é, mediante unha
> xuntanza das principais asociacións que levan traballando (CIF, Trasno,
> ...) e por outra banda toda canta persoa independente queira participar.
> Con tempo suficiente para que cada quen leve pensado o que
> quere dicir e en que rumbo quere que vaian as cousas.
> 

Eu tamén vexo que esa reunión é necesaria... pero non suficiente. Coincido
con Fran en que será necesario tempo para que cada quen madure a súa
proposta, mais tamén para reflexionar internamente e fazer autocrítica.

Como os meus fallos xa mos sinalaron profusamente, xa aceptei a crítica e xa 
dixen que vou ir delegando progresivamente responsabilidades de coordenación,
vou facer un chamamento á autocrítica dos dous colectivos que estades
involucrados nesta confrontación.

- Trasno: entre vós temos a moita da xente máis comprometida e grazas a vós
  temos en galego moitos dos aplicativos máis empregados, mais non por iso
  podedes esixir a todo o mundo que se adapte aos vosos ritmos nin impoñer
  a vosa forma de ver as cousas a base de confrontación, conflicto e ataques
  personais cada vez que a comunidade de galeguización intenta medrar. Foi 
  eso o que sucedeu cando a Xunta montou Mancomún e iso mesmo está sucedendo  
  agora coa proposta g11n.net da Ciberirmandade. De nada servirá un g11n_v4 
  se ao cabo duns meses volvedes outra vez cabalgar no cabalo da confrontación
  e da división. Teredes que tomar unha decisión ao respecto, internamente.

- Ciberirmandade: sodes a organización de galeguización máis antiga da rede, 
  sodes os únicos que demostrastes ter músculo para involucrar á sociedade na
  defensa de Mancomún e tamén os únicos que tivestes a capacidade (e a
  xenerosidade) para compartir os vosos recursos e montar unha infraestructura
  básica en tempo récord. Mais é importante que comprendades o seguinte: aínda
  que tecnolóxicamente o movemento do software libre teña capacidade para
  competir coas grandes multinacionais como Apple ou Microsoft, socioloxicamente
  atópase aínda nunha fase tribal onde o que predomina é a afirmación da
  propria identidade grupal fronte ao interese colectivo. Teredes que baixar o
  pé do acelerador, por que neste contexto sodes percibidos como o inimigo a 
  bater. 

En resumo: adhiro a proposta de Fran, pedindo ademais un proceso de reflexión
interna e autocrítica por parte de cada un dos dous colectivos involucrados.

Mais nada.

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a