>>>> a) wráper (=whisky, láser)
>>>> b) embalaxe, envoltorio (=browser> navegador)
>>>>
>>>> Creo que a opción ideal sería e dar liberdade a quen traduce para
>>>> escoller segundo o que crea máis acertado para a súa tradución concreta.
>>>>
>>>> Wrapper - Embalaxe, wráper
>>>>         
>>> O de wráper non sei nin por onde collelo. Preferiria envoltorio a
>>> embalaxe, se é que non é incorrecto.
>>>       

As Normas ortográficas non dedican un apartado específico aos 
estranxeirismos salvante no que respecta á acentuación e aos plurais. En 
certa maneira proporciona un criterio normativo sobre a adaptación de 
anglicismos. Temos así que

- sempre é posíbel utilizar o anglicismo sen cambio ningún cando hai 
"clara" conciencia de ser estranxeirismo (esa clara conciencia indícase 
marcando a palabra en cursiva ou entre vírgulas)

    -- > Isto non é práctico na localización

- pódense adaptar parcialmente se son palabras de circulación corrente: 
relax, radar, boicot, iceberg (agudas); béisbol, télex, mitin, hóckey, 
smóking, líder (graves); búmerang, párkinson, etc

   -- > Pódese apreciar nos casos como búmerang, mítin, líder... como 
hai un certo nivel de adaptación dos anglicismos (boomerang, meeting, 
leader...)

En conclusión

Forma parte do compatíbel unha estratexia cuase sistemática de 
semiadaptación de anglicismos: suéter (?), xersei :-)

Obviamente a outra perspectiva é a substitución do anglicismo por unha  
adaptación dunha palabra propia para o caso: mouse > rato; display > 
pantalla; coacher > preparador







 --

Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Logo Xacobeo 2010

Responderlle a