O Luns 25 Maio 2009 19:37:58 Manuel Souto Pico escribiu:
> Sobre saúde non digo nada.
> Sobre a tradución de hard disk, considerade a posibilidade de lle dar
> prioridade ao termo galego "disco ríxido".
>
> http://gl.wikipedia.org/wiki/Disco_ríxido<http://gl.wikipedia.org/wiki/Disc
>o_r%C3%ADxido>
>
> No logaliza do Cluvi:
> 20 resultados de "disco duro" (todos en KDE)
> http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=hard+disk&logalizaL2=disco+d
>uro&direccionconsulta=en-gl-logaliza 41 resultados de "disco ríxido" (en
> Windows, OpenOffice e Firefox)
> http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=hard+disk&logalizaL2=disco+r
>%EDxido&direccionconsulta=en-gl-logaliza

Que guai! as traducións de KDE son xa que logo máis conformes ao uso real da 
denominación.

«A finalidade das propostas terminolóxicas debe ser acadar un uso real e
substituír outras espurias»
«Polo tanto, antes de aconsellar o uso dun novo termo, debemos intentar velo 
tal como o farían os seus usuarios reais, que non van ser lingüistas, senón 
[...] cidadáns en xeral. Xa que logo, o peso de argumentos como a ?precisión? 
ou a ?pureza lingüística? debe combinarse co que acheguen criterios de índole 
máis pragmática como [...] a frecuencia de uso, [...] a tradición, o grao de 
internacionalidade etc.»

Neste caso, a internacionalidade vai a prol do «disco ríxido», e o resto de 
«disco duro».

Reply via email to