O Corpus de Mancomún presenta, desde hai uns días unha nova mellora no 
seu camiño de desenvolvemento. Agora pódense ofrecer referencias de 
buscas. Para entendernos

Antes: un mesmo enderezo para calquera busca
  http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl

Agora: un enderezo único para cada busca
  
http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl?termo=window&proxecto=Todos&idioma=en
 


Isto facilita en grande medida a súa utilización para referenciamento de 
termos nos debates terminolóxicos e na documentación sobre o seu uso e 
xunto coa creación dos motores de busca embutidos en Firefox de hai uns 
meses supón un claro avance para a reutilización e explotación dos 
recursos da comunidade.

Os cambios no código xa están subidos tamén ao proxecto na Forxa polo 
que se pode  obter o código actualizado en

https://forxa.mancomun.org/projects/corpus/

A noticia cos detalles foi tamén publicada no noso portal
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/novas-melloras-no-corpus-de-mancomun/
 


Estamos á vosa disposición para calquera dúbida que se vos poida presentar.

Un cordial saúdo,

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090608/0ad38207/attachment.vcf
 

Responderlle a