> Pois nada, terá que ser caella (como que non?, merda, caella queda).

wep, non me aclaro con isto; e parece a cuestión bastante interesante. 

Penso que por 'caella' te refires a 'quenlla', porque entendo que falamos 
deses elasmobranquios dos que tantas pelis se fixeron. Non atopo caella nin no 
Rag online, nin no digalego, nin no estraviz nin no priberam (pt).  Si o 
recolle o VOLGA e marca todas como "entradas incorrectas":

   caella1               f      quella>         cast 'calleja'
    caella2              f      quenlla1>       cebadeira
    caella3              f      quenlla2>       cast 'tintorera'

interesa de aquí a terceira entrada, non é?. Leo por aí que a 'tintorera' (es) 
é o Prionace glauca (sp.) e en castelán peninsular e mexicano recibe os nomes 
de 'quella' e 'caella'. Vexo que no pt empregan 'tintureira' para este caso. 

'tubarón' parece un calco do portugués 'tubarâo' (non teño a man o signo 
correcto, xa me entendendes) e de 'tabeirón' leo unha discusión de fai dous 
anos en "un idioma preciso": 

"i que é certo que "tabeirón" é unha forma 'propia' do galego, pero non o é 
menos que se trata dunha creación moderna (no TILG -www.ti.usc.es/TILG- non se 
recollen citas anteriores a 1972) construída coa finalidade de fuxir do 
emprego de "tiburón". De feito, nin na lingua mariñeira popular nin na lingua 
antiga se recolle tal denominación. "

efectivamente, a primeira cita que se recolle no TILG é do 1972. Nunca antes. 
En ningún diccionario que dos que mencionei se recollen ningunha das dúas.O 
VOLGA non recolle estas entradas. Tiburón sería para o VOLGA  un termo 
correcto, o estraviz non o recolle (creo).

Resumo: penso que 'caella' sería castelanismo, 'tiburón' e 'quenlla' 
patrimoniais galegas, cada unha con diferente acepción (a quenlla e unha clase 
de tiburón)

Alguén pode ampliar o tema?


Reply via email to