Na miña opinión, "caella" é unha forma dialectal empregada en toda a Mariña
de Lugo
(http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=prionace&tipo_busca=cientif
ico) para designar esta especie de peixe
(http://www.mapa.es/ga/pesca/pags/fondopes/ficha_esp.asp?id=264) -e
popularmente imaxino que algunhas outras similares na súa forma-.

Etimoloxicamente parece ser unha variante de "quenlla", que -segundo o
Dicionario de Ir Indo-
(http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=53682&opcion=e
ntrada) procede do latín "canicula".

Así que non fai falta ningunha recorrer ao castelán para explicar o
"caella".

Xusto A. Rodríguez
SNL da USC
-----Mensaje original-----
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de mvillarino
Enviado el: martes, 16 de xuño de 2009 8:54
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n][hunspell] tabeirón/tubarón/tiburón

> Penso que por 'caella' te refires a 'quenlla', porque entendo que falamos
> deses elasmobranquios dos que tantas pelis se fixeron.

Pode ser, non sei o que é unha quenlla, pero si o que é unha caella
(como tiburóns pero como de xoguete -poden medir como un brazo tirando
para riba- , brancos a pintas escuras), e non me soa de castelanismo
(vamos, que non escoiten nunca en castelán tal palabra).

> "i que é certo que "tabeirón" é unha forma 'propia' do galego, pero non o
é
> menos que se trata dunha creación moderna

 Como beirarrúa e beiravía logo... falamos en inventado!
_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a