Ola,

Quero informarvos de que, en principio imos regularizar as nosas 
traducións de draft como "borrador" entre os proxectos de Gnome e 
Mozilla. Convídovos a valorar esta decisión para ver se fose consensual 
na comunidade e incorporala como tal consenso.

Intentamos limar os aspectos diverxentes que se revelan ao facer unha 
revisión completa da tradución histórica e dos distintos proxectos entre 
eles.

Mozilla tiña "esbozo" e Gnome "borrador", sempre referíndonos ao mesmo 
tipo de sentido. O problema é que non significan o mesmo.

Esbozo ->debuxo
Borrador -> escrito

Borrador tamén é así e todo KDE. Borrador non ten sinónimos, así que 
esbozo non pode considerarse como tal. Polo contrario o  sinónimo de 
esbozo é bosquexo. É claro que o valor que corresponde é o de borrador.

En todo caso gustaríame obter a opinión da comunidade, creo que non se 
discutiu este termo e por se acaso hai algún aspecto máis que ter en 
conta."

Saúdos.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/9cbc2509/attachment.vcf
 

Responderlle a