>> Temos unha metodoloxía de localización, moi ben, pero se esa
>> metodoloxía esixe reaproveitar traducións xa existentes e nesas
>> traducións non hai coherencia terminolóxica estamos fodidos. Así que
>> primeiro temos que fixar a terminoloxía, despois corrixir as
>> traducións existentes, e despois poderemos comezar a aplicar a
>> metodoloxía de localización.
>>
>> Mentres non se pode facer outra cousa, iso que quede ben claro. E se
>> fixar a terminoloxía esixe arranxar erros herdados, hai que facelo!
>
> Ata onde eu sei, as traducións dos productos máis representativos tiñan
> unha consistencia alta ou moi alta e as diferenzas eran despreciabeis. E
> cando falo de "productos máis representativos" falo de aplicacións de
> varios miles de cadeas de diferentes campos e que compartían as mesmas
> solucións...
>
> Se nestos momentos esa consistencia comeza a debilitarse, haberá que
> preguntarse porqué e poñerse a correxila.
>
> Supoño que non se pretenderá ir para atrás non??? e comezar a poñer en
> cuestión as solucións adoptadas porque entón esto si que non ten nin
> comezo nin final, e repito, todo o traballo feito non terá ningunha
> utilidade.

O traballo feito xa non ten ningunha utilidade, porque non é certo que
haxa consistencia. Pode que no Mozilla e no OO.org si, pero se saimos
de aí xa non. E cas traducións deses dous "produtos" non imos moi
lonxe. Non sei en Gnome hai actualmente consistencia, pero case o
dubido. En todo caso en KDE e no resto de traducións non se usa
"colar" ou o seu uso é totalmente minoritario.

Como xa dixen o feito é que non hai consistencia entre tódolos
proxectos, e iso é imperativo para poder utilizar tódalas traducións
usando TMX. Así que si, hai que fixar terminoloxía, e adaptar as
traducións ás decisións tomadas, e iso implica cambios, cambios que se
van contar por milleiros. Como nota lembro que Marce comentara que o
proceso de revisión de KDE estará nun ano ou dous, o que debería dar
conta da magnitude dos cambios.

Mirade, ata certo punto penso que hai cousas dabondo para discutir
cara a cara e montar outro g11n.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a