Leandro Regueiro escribiu: >>> Temos unha metodoloxía de localización, moi ben, pero se esa >>> metodoloxía esixe reaproveitar traducións xa existentes e nesas >>> traducións non hai coherencia terminolóxica estamos fodidos. Así que >>> primeiro temos que fixar a terminoloxía, despois corrixir as >>> traducións existentes, e despois poderemos comezar a aplicar a >>> metodoloxía de localización. >>> >>> Mentres non se pode facer outra cousa, iso que quede ben claro. E se >>> fixar a terminoloxía esixe arranxar erros herdados, hai que facelo! >>> >> Ata onde eu sei, as traducións dos productos máis representativos tiñan >> unha consistencia alta ou moi alta e as diferenzas eran despreciabeis. E >> cando falo de "productos máis representativos" falo de aplicacións de >> varios miles de cadeas de diferentes campos e que compartían as mesmas >> solucións... >> >> Se nestos momentos esa consistencia comeza a debilitarse, haberá que >> preguntarse porqué e poñerse a correxila. >> >> Supoño que non se pretenderá ir para atrás non??? e comezar a poñer en >> cuestión as solucións adoptadas porque entón esto si que non ten nin >> comezo nin final, e repito, todo o traballo feito non terá ningunha >> utilidade. >> > > O traballo feito xa non ten ningunha utilidade, porque non é certo que > haxa consistencia. Pode que no Mozilla e no OO.org si, pero se saimos > de aí xa non. E cas traducións deses dous "produtos" non imos moi > lonxe. Non sei en Gnome hai actualmente consistencia, pero case o > dubido. En todo caso en KDE e no resto de traducións non se usa > "colar" ou o seu uso é totalmente minoritario. >
Pois será "minoritaria" pero foi unha forma elixida. De feito Gnome comezou con "pegar" e evolucionou a "colar". Agora manteñen un nivel de concordancias altas con Openoffice e Firefox. Non tes máis que mirar o corpus :D Cando falo de "inutilidade" non me refiro so ás as memorias, senón ao ciclo de vida da localización, onde as memorias exercen un papel, importante, pero un papel. As memorias non teñen un poder omnisciente sobre todo o resto das aplicacións. Son extremadamente útiles para o proxecto que as produciu. Se imos discutir cada termo, e poñer en dúbida solucións que se entenderon que eran máis convintes nun momento dado, pois entón malo. O ciclo non se rompe porque haxa varias solucións, o ciclo rómpese cando nun proxecto comezan a aparecer distintas solucións combinadas. A memoria terá unha alta utilidade para ese proxecto, e poderá ser de utilidade para outros pero sempre e cando a memoria sexa consistente no propio proxecto. E este é o risco que corremos se non somos conscientes cada quen das solucións adoptadas . > Como xa dixen o feito é que non hai consistencia entre tódolos > proxectos, e iso é imperativo para poder utilizar tódalas traducións > usando TMX. Así que si, hai que fixar terminoloxía, e adaptar as > traducións ás decisións tomadas, e iso implica cambios, cambios que se > van contar por milleiros. Como nota lembro que Marce comentara que o > proceso de revisión de KDE estará nun ano ou dous, o que debería dar > conta da magnitude dos cambios. > > Mirade, ata certo punto penso que hai cousas dabondo para discutir > cara a cara e montar outro g11n. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > _______________________________________________ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n > >