Fran Dieguez escribiu na data 14/07/09 13:20:

> O principal impedimento que presenta o envio masivo de correos
> electrónicos son os filtros anti-spam/correos repetitivos, e a sinxeleza
> da súa eliminación.

Evidentemente. É moi doado bloquear a orixe das mensaxes, pero... se fan 
iso, quer dicir que xa tomaron conciencia do problema, que é o obxectivo 
perseguido.

Xa sabemos que non van ler correo por correo pero si decatarse de que 
hai xente movéndose.

> Por este motivo dende o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)
> imos enviar esta mesma semana unha carta "analóxica" certificada que
> estamos ultimando a súa redacción.

As cartas analóxicas tamén son moi doadas de eliminar. Abonda con 
arquivalas na lixeira ;-)

Fóra diso, canta máis variedade haxa nos protestos moitísimo millor: 
correos-e, telegramas, burofaxes, cartas en papel, mensaxe de móbil, 
etc. etc. Polo que todo o que sexa sumar paréceme moi boa iniciativa.


Unha aperta.
-- 
+---------------------------------------+
| José Antonio Cidre Bardelás           
| Vigo                          
| CiberIrmandade da Fala                
| http://www.ciberirmandade.org         
+---------------------------------------+
........................................................................
: Fai tamén unha visita a:                                      
: http://www.arquitecturagalega.net                     
: http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto)
: http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego)     
: http://www.poptray.org (O PopTray en galego)  
:.......................................................................

Responderlle a