Só darvos conta de que a movilización está dando resultado, sen podervos
concretar máis datos polo momento pois compre discreción.

Unha idea por se sirve de algo: sería óptimo dárdelles difusión á campaña
(informar que existe) a traverso das vosas respectivas webs/ blogs e demais
se non o fixestes xa: é un xeito sinxelo pero efectivo de que a xente próxima
se informe, xa que ás veces resulta difícil discernir o ruido da información.

Parabéns e ánimos a todos/as

Francisco Dieguez escrebeu:
> Ola Medulio,
> 
> en ningún momento estamos a desacreditar o  voso traballo, todo o contrario.
> 
> Ao que nos referimos é a sinxeleza coa que resulta enviar un correo
> electrónico,
> e que a outra parte o elimine sen ter ningunha forma de demostralo.
> Co envio de cartas CERTIFICADAS si tes esa constancia legal e práctica do
> envío.
> 
> Como ven dixeches a diversidade dos métodos de patalexo fan que o barco
> avance.
> 
> Saúdos
> 
> Medulio (XACB) escribió:
> > Fran Dieguez escribiu na data 14/07/09 13:20:
> >
> >   
> >> O principal impedimento que presenta o envio masivo de correos
> >> electrónicos son os filtros anti-spam/correos repetitivos, e a sinxeleza
> >> da súa eliminación.
> >>     
> >
> > Evidentemente. É moi doado bloquear a orixe das mensaxes, pero... se fan 
> > iso, quer dicir que xa tomaron conciencia do problema, que é o obxectivo 
> > perseguido.
> >
> > Xa sabemos que non van ler correo por correo pero si decatarse de que 
> > hai xente movéndose.
> >
> >   
> >> Por este motivo dende o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)
> >> imos enviar esta mesma semana unha carta "analóxica" certificada que
> >> estamos ultimando a súa redacción.
> >>     
> >
> > As cartas analóxicas tamén son moi doadas de eliminar. Abonda con 
> > arquivalas na lixeira ;-)
> >
> > Fóra diso, canta máis variedade haxa nos protestos moitísimo millor: 
> > correos-e, telegramas, burofaxes, cartas en papel, mensaxe de móbil, 
> > etc. etc. Polo que todo o que sexa sumar paréceme moi boa iniciativa.
> >
> >
> > Unha aperta.
> >   
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a