Ola Medulio,

en ningún momento estamos a desacreditar o  voso traballo, todo o contrario.

Ao que nos referimos é a sinxeleza coa que resulta enviar un correo
electrónico,
e que a outra parte o elimine sen ter ningunha forma de demostralo.
Co envio de cartas CERTIFICADAS si tes esa constancia legal e práctica do
envío.

Como ven dixeches a diversidade dos métodos de patalexo fan que o barco
avance.

Saúdos

Medulio (XACB) escribió:
> Fran Dieguez escribiu na data 14/07/09 13:20:
>
>   
>> O principal impedimento que presenta o envio masivo de correos
>> electrónicos son os filtros anti-spam/correos repetitivos, e a sinxeleza
>> da súa eliminación.
>>     
>
> Evidentemente. É moi doado bloquear a orixe das mensaxes, pero... se fan 
> iso, quer dicir que xa tomaron conciencia do problema, que é o obxectivo 
> perseguido.
>
> Xa sabemos que non van ler correo por correo pero si decatarse de que 
> hai xente movéndose.
>
>   
>> Por este motivo dende o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG)
>> imos enviar esta mesma semana unha carta "analóxica" certificada que
>> estamos ultimando a súa redacción.
>>     
>
> As cartas analóxicas tamén son moi doadas de eliminar. Abonda con 
> arquivalas na lixeira ;-)
>
> Fóra diso, canta máis variedade haxa nos protestos moitísimo millor: 
> correos-e, telegramas, burofaxes, cartas en papel, mensaxe de móbil, 
> etc. etc. Polo que todo o que sexa sumar paréceme moi boa iniciativa.
>
>
> Unha aperta.
>   

Reply via email to