Boas, 

Vimos de poñer en marcha un wiki para a coordenación da delegación
galega na Conferencia Internacional de Software Libre que este ano se
celebrará en Málaga (Andalucía) entre os días 20 e 22 de outubro de
2008:

http://wiki.mancomun.org/index.php/CISL2008

Dado o recoñecemento e as espectivas que está a espertar en Europa [1]
o modelo galego de promoción de software libre e dos estándares 
abertos, existe a vontade de reforzar a presenza galega nesta edición.

Con este propósito, e de igual forma que en anteriores edicións, a 
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
(Consellaría de Innovación e Industria) ven de encomendarlle ao Centro
de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a
coordenación desa delegación.

Posto que as cousas ben feitas requiren o seu tempo, queremos extender
ao conxunto da comunidade galega do software libre este chamamento que
facemos con catro meses de antelación sobre a data prevista de
celebración. Porén compre resaltar que a organización do evento de
situar como fin de prazo para aceitar propostas de ponencias o último
día deste mes.

Pregámosvos que encamiñedes as vosas propostas a través do enderezo de
correo electrónico eventos en mancomun.org
 
Saúdos,

-

[1]
http://www.mancomun.org/novas/ofertas-de-emprego/investigadores-europeos-ven-en-mancomun-unha-iniciativa-exemplar-para-a-implantacion-d.html

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a