O Martes 17 Xuño 2008 11:42, Leandro Regueiro escribiu:
> > Que terás que facer unha división segundo o marcador de atallo de teclado
> > que se empregue.
>
> Ou sexa, un atallo para consultar nunha ou noutra TM?

Non. En oo.org empregan o til (~) para os atallos, se non me lembro mal.
En gnome, o risco baixo (-), e en kde o et (&)

Se empregas unha memoria para facer tradución automática, o seu é que a 
mensaxe que che propoña como alternativa teña isto en conta, non pasa nada 
grava se a proposta que fai non contén o marcador de atallo, e quedará feo se 
non contén o correcto, pero debería ser algo a ter en consideración.
Se se adicionan as mensaxes á feito, na tm terás _File, ~File e &File, e 
seguramente _FIcheiro, ~Ficheiro e &Ficheiro. Un incremento de tamaño, e por 
ende de tempo de pesquisa e máquina pois que queda non moi aló.

> Pootle tamén usaba berkeley db se non lembro mal. Algún tipo de
> servidor hai que montar, contra o que poidamos consultar. Se o facemos
> ben poderiamos pasar do open-tran. Se finalmente se fai supoño que
> tamén se integraría nese servidor o corpus de Mancomún.
O código fonte do servizo web denominado "Open-tran" está en code.google.....

O de integrar corpus non o entendo: o corpus, que se non saín mal informado da 
g11n é o que até entón chamábamos base de datos de tradución, non deixa de 
ser unha vía de recompilar a información contida nunha serie de ficheiro po, 
que están localizados en determinados sitios (URL). A ti quen che priva de 
examinar un URL remoto para construir a bbdd? Como moito, que estexan en 
lugares "ofuscados", ou que o motor que empregues non o permita.
Montas o servizo, e cronificas a actualización para os lugares que queiras.
Ao mellor non é posíbel facer por causas tecnolóxicas, pero conceptualmente 
non é nada do outro mundo.

> Despois de montar todo isto tamén habería que ver se os programas que
> utilizamos normalmente terían o soporte axeitado para toda a
> infrastructura que se pensa montar.
Supoño que con Nacho e o gtranslator non habería problema coa infraestrutura 
que se desexase. Co lokalize pode ser moi diferente, pero non vos podo dicir, 
sei que se poden facer procuras na web, e recuperar os resultados, pero pouco 
máis sei.

> Penso que se se monta algo tamén 
> debería dar a opción de gardar copias locais das TM para consultalas,
> por se hai xente que traduce sen conexión permanente, coma min.
Únome a iso.

-- 
Best regards,
MV

Responderlle a