2008/8/4 Ignacio Casal Quinteiro <nacho.resa en gmail.com>:
> O Lun, 04-08-2008 ás 16:16 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
>> Boas novas,
>>
>> Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
>> trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
>> longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.

Ola,
é este o mesmo Méixome que estivo en Galego21?

>> Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
>> dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental:
>> sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo
>> posterior. Son os seguintes:
>>
>> 1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
>>    software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.
>>
>> 2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita
>>    ao mandato do cuarto principio.
>>
>> 3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
>>    periódicamente
>>
>> 4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.
>>
>> Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
>> empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica,
>> servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.
>
> Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
> non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
> aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
> esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
> futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).

Eu tamén penso que isto seria útil, pero a verdade é que para isto
haberiase que por en contacto cos desenvolvedores do Pootle. Lémbrolle
á xente que non estivo no g11n, ou que si estivo tamén, que as dúas
principais razóns de pasar de Entrans a Pootle son que Pootle está
moito máis avanzado e posúe máis funcionalidades, e que está en
desenvolvemento activo, o que facilita a rápida integración de novas
funcionalidades a petición dos voluntarios, descargando así na
comunidade de Pootle parte do traballo que a xente de Mancomún tivo
que facer para mellorar o Entrans e mantelo en servizo.

Sobre o comentado por Suso, non sei como está o do software dispoñible
para o dun servidor TMX ou TBX, xa que agora non estou para investigar
iso xa que estou estudando, pero teño moita curiosidade, así que se
alguén de Mancomun o investigou xa que comente algo. Respecto do da
guía de estilo e outros temas que penso que tamén haberia que discutir
(nomes de paises/linguas/moedas...) haberiase que xuntar como minimo
para falalo por riba.

>> Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
>> máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en
>> xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
>> dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
>> aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
>> suxestións do anterior encontro.
>>
>> Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

Viria ben. Onde?

Responderlle a