A miña humilde achega:

>
> > > A guía debería de conter (non estricatamente nesta orde):
> > >
> > > 1. Escollas lingüísticas dentro da Norma e aspectos gramaticais e
> morfo-
> > > sintácticos
> >
> > Literalmente perdinme.
>
> lol:
> a norma da RAG é flexible: permite ó/ao ou -ble/bel ,p.ex, a cales damos
> preferencia nós? xq ambas son válidas?


As propias Normas estabelecen unhas preferencias ou recomendacións, que son
as que se usan na redacción do texto das propias Normas: ao, -ble, -aría,
non representación da 2ª forma do artigo.

>
> logo, aspectos da gramática, como deixar claro que son recomendables, e ás
> veces imperativos, o infinitivo conxugado, que nalgúns casos o futuro de
> subxuntivo, que existe diferenza ente o antepretérito e o subxuntivo e que
> hai
> que distinguilos (andara/andase...)... todo este tipo de cuestións


As cuestións de corrección gramatical (como colocación dos pronomes,
diferenzas entre tempos verbais, etc.) non son estilo e por tanto non teño
moi claro até que punto é conveniente incluílas nun manual de
estilo. Refírome a todo o que non é opcional en galego estándar (ou sexa,
onde non é cuestión de gusto ou preferencia, senón de corrección), para iso
xa está calquera gramática, opino eu.

Saúdos, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080806/3884c432/attachment.htm
 

Reply via email to