Ola Leandro:

Tan pronto como estea traducido o Thunderbird 2.0 subiremos o corpus dos 
proxectos Mozilla.

Saúdos.

Leandro Regueiro escribiu:
> E para cando a inclusión de máis proxectos??
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
>
> On 7/10/07, mancomun <mancomun en mancomun.org> wrote:
>   
>> O Corpus lingüístico de Mancomun.org amplíase cos proxectos Gnome e Pidgin.
>>
>> O corpus <http://corpus.mancomun.org/xestermos.php> permite procurar
>> palabras en inglés ou en galego nos proxectos de adaptación ao galego de
>> OpenOffice.org, Gnome e Pidgin e, en breve, nos de Mozilla Firefox e
>> Thunderbird.
>>
>> O Corpus busca nos distintos proxectos de tradución almacenados e
>> devolve parellas de frases inglés-galego ou galego-inglés nas que se
>> atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. Esta
>> ferramenta facilita o mantemento da coherencia terminolóxica nas
>> traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a
>> calidade final dos produtos.
>>
>> Actualmente o Corpus rexistra máis de 100.000 cadeas dos diferentes
>> proxectos.
>>
>> mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
>> _______________________________________________
>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>>
>>     
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>
>   


Responderlle a